O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento, que contará con demostracións en vivo de oficios tradicionais e postos de venda
Lugo, 18 de abril de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación da XVII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 19 de abril; está organizada polo Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros da localidade coa colaboración do Goberno galego.
Arias subliñou a implicación da Xunta no desenvolvemento desta actividade “para poñer en valor os produtos artesanais, potenciar os oficios tradicionais e fomentar a remuda xeracional, obxectivos aos que contribuímos a través das marcas Artesanía de Galicia e Galicia Calidade”.
A feira contará con oito artesáns que realizarán demostracións en vivo do traballo da forxa; tamén haberá espazo para amosar outros oficios tradicionais, como pirogravado, cristal tallado, cerámica ou cestería, así como postos de venda de artesanía e produtos do campo.
As actividades desenvolveranse nunha carpa cuberta a partir das 11:00 horas. Ás 12:15 horas pronunciará o pregón o actor Luis Iglesia, natural do municipio, e media hora despois comenzará un obradoiro infantil a cargo do ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl. Xa pola tarde, ás 19:00 horas, o Mago Lolo protagonizará un espectáculo infantil no atrio da igrexa.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



