Ribadeo, 14 de abril, 2026. O encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu este luns preto de 200 asistentes no restaurante Voar, en Ribadeo. A cea, servida por Eventos Mesón de Alberto, congregou hostaleiros, autoridades, provedores e representantes do sector nunha gala xa consolidada no calendario da entidade.
Recoñecemento “Toda unha vida nos fogóns”
Durante o evento fíxose entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, cos que a Apehl distinguiu este ano a traxectoria de:
• Áurea Rodríguez Toirán, do Restaurante Río Loyo (Paradela)
• José Manuel Fontal Vázquez (Pepe), do Hotel Roma (Sarria)
• Jesús Galdo Sánchez, de Val do Naseiro (Viveiro)
• Ramón Álvarez López
As persoas galardoadas recibiron unha peza de Sargadelos coa marca turístico-gastronómica “…E para comer, Lugo”.
A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou que “grazas a profesionais coma vós, a provincia de Lugo é hoxe sinónimo de calidade, proximidade e excelencia”.
Intervencións institucionais
O presidente da Apehl, Cheché Real, abriu a quenda de intervencións salientando o papel da hostalería como “un sector vivo, dinámico e fundamental para a economía e a imaxe da provincia”. Subliñou o bo momento turístico que vive Lugo e sinalou oportunidades de futuro como o eclipse total de sol do 12 de agosto, que situará especialmente A Mariña como un dos mellores lugares do mundo para a súa observación.
Real insistiu na importancia da formación, da profesionalización e da adaptación ás novas tecnoloxías, así como no labor da Asociación na promoción da provincia a través de accións como a participación na Vuelta Ciclista a España ou a edición da guía “…E para comer, Lugo”. Ademais, lembrou que a entidade celebrará en 2027 o seu 50 aniversario, medio século de defensa do sector e impulso do asociacionismo.
Tamén interviñeron:
• Cesáreo González, presidente do Clúster de Turismo de Galicia
• Xosé Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia
• María José Gómez, conselleira do Medio Rural
• Daniel Vega, alcalde de Ribadeo
Todos coincidiron en destacar a hostalería como motor económico, social e turístico da provincia.
Apoio institucional á hostalería lucense
A presidenta da Deputación, Carmela López, reafirmou o compromiso da institución co sector e lembrou que a Deputación mantén unha achega anual de 40.000 € á Apehl para accións de promoción gastronómica e para o desenvolvemento dun curso de especialización en enoturismo. “Impulsar a hostalería é apostar polo emprego e polo desenvolvemento do noso territorio”, sinalou.
Ao acto asistiron tamén o deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, así como alcaldes e alcaldesas da Mariña, provedores e numerosos profesionais da hostalería.
Ribadeo, escenario dunha gala que percorre a provincia
A gala, que cada ano se celebra nun punto diferente da provincia, escolleu nesta ocasión a vila de Ribadeo, reafirmando o compromiso da Apehl coa promoción de todo o territorio lucense.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


