A finais da década pasada facíame sorrir cada pase que contemplaba dun anuncio de televisión. Consistía en amosar como un coche que non din identificado era sucesivamente golpeado e esmagado por un elefante ata que un individuo con aspecto de indio, supoño que para xuntalo mentalmente co elefante e a cultura mística india, o comparaba cunha foto dun coche europeo (non lembro cal, pero si lembro que era francés) e lle daba o visto bo. O anuncio, para min, era un fracaso que me facía sorrir.
Nun primeiro momento, parecíame que reducía o coche ó deseño, descartando a mecánica ou a comodidade como algo prescindible. Mais coa repetición de visionados, fun algo máis aló: o esnaquizar un aparello para convertelo no que non é non deixa de ser unha perda de recursos, a máis de reducir as súas posibilidades (o que o converte nunha especie de antianuncio), e mesmo un desacreditar a reparación de obxectos polos propios medios. Pódese afondar no dito, pero as consecuencias indican que basicamente poderíase tomar por un anuncio que se volve anticapitalista, contra as premisas que manteñen o sistema que fai posible o anuncio.
O anuncio veume á cabeza pola actuación estadounidense (non norteamericana) no estreito de Ormuz. De Hormuz, como escriben eles. Estadounidense, porque Trump é quen ordena, mais as forzas son de todos, dende Hawaii no oeste a Florida no surleste e Maine no norleste, e foi o sistema que teñen e os seus votos quen puxeron a Trump no lugar que ocupa e coas prerrogativas que ten hoxe. Naturalmente, haberá quen poda dicir que non quere a Trump nin ó sistema, pero o caso é que é de todos eles, para mal ou para ben. O seu compañeiro de ataque, israelí, non merece mellores verbas. O caso é que primeiro esmágase Irán, e logo compárase coa foto que se pretendía ter ó final. E non, non coincide o aspecto do país co que se pretendía dun estado ós pés do atacante co seu petróleo (o iraní) no seu depósito (estadounidense), o seu uranio (iraní) nas súas bombas ou centrais (estadounidenses), co seu estreito (compartido entre Irán e Omán) nas súas mans (estadounidenses). Sen máis liberdade que antes (tanto na ditadura teocrática iraní como no que corresponda ós EEUU). Polo medio, os bombardeos que comezaron esnaquizando unha escola de nenas, a modo de elefante ‘moldeando’ o coche do anuncio, e as pequenas esquirlas que saltaron sexa en Israel, nas bases norteamericans en Oriente Medio ou nos barcos indefensos (e indefendibles) amoreados en Ormuz. E o efecto, por moito que se lle dea propaganda, é iso: un esnaquizamento do inimigo que amosa a tolemia do atacante, que mantén nas mans un deseño que só un tolo tentaría homologar con algo parello á realidade.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



