A institución provincial distribúe un total de oito exemplares por concello dos seguintes títulos: La noche de las luminarias, o Dicionario da Comida Galega, o Pazo de Tor, A biblioteca na iconografía pétrea lucense e Lugo, cita con dous séculos (1886-1926)
Lugo, 20 de abril de 2026. A Deputación de Lugo celebra este 23 de abril o Día Internacional do Libro cunha acción centrada na promoción da cultura e o fomento de hábitos de lectura entre os veciños e veciñas da provincia. A institución provincial distribuirá nos próximos días aos Alcaldes e Alcaldesas dos 67 concellos un paquete de publicacións sobre o territorio lucense, que recollen distintos ámbitos da historia, o patrimonio e a gastronomía, co obxectivo de achegar o coñecemento da provincia dun xeito divulgativo e accesible.
A Presidenta da Deputación, Carmela López, destacou que esta iniciativa “ten como obxectivo achegar a cultura e o coñecemento da nosa provincia a todas as veciñas e veciños a través das bibliotecas e dos centros culturais”. Neste sentido, subliñou que “queremos poñer en valor a importancia da lectura como ferramenta de coñecemento, de cohesión social e de acceso á cultura”.
Entre as obras incluídas atópanse La noche de las luminarias, que recolle episodios e tradicións da memoria histórica lucense; Dicionario da Comida Galega, que compila termos e produtos da riqueza gastronómica de Galicia; Pazo de Tor, que pon en valor a historia e o patrimonio dun dos espazos emblemáticos da provincia; A biblioteca na iconografía pétrea lucense, que analiza a presenza simbólica da cultura escrita na arte monumental; e Lugo, cita con dous séculos (1886-1926), que afonda na evolución histórica e social da cidade de Lugo ao longo de máis dun século.
A institución provincial distribúe un total de oito exemplares por concello que se encargarán de facelos chegar ás bibliotecas municipais, centros culturais e outras entidades locais, co fin de facilitar o acceso da cidadanía a estas publicacións.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



