A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, deu a coñecer hoxe a actuación
Viveiro, 18 de maio de 2026. A Xunta destina máis de 760.000€ ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na estrada LU-862 ao paso polo concello de Viveiro, en Lugo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, deu a coñecer hoxe esta actuación, que se enmarca no Plan de Acción contra a Contaminación Acústica que leva a cabo o Goberno galego e que se cofinanciará con fondos europeos FEDER.
En concreto, os traballos que acaba de licitar a Xunta desenvolveranse en dous treitos da citada estrada autonómica ao paso polo núcleo urbano, que suman 1,5 quilómetros. O primeiro tramo arranca no punto quilométrico 83+650 e conta con 1,3km, mentres que o segundo no 86+170 é de 230 metros.
Deste xeito, abordarase unha mellora funcional, urbana e ambiental para acadar unha estrada máis silenciosa, ordenada e segura, co obxectivo de reducir as emisións e mellorar as condicións da estrada e a súa integración nesta zona urbana.
As actuacións inclúen a renovación do pavimento, a reorganización da calzada e ordenación de aparcadoiros, así como a creación dunha glorieta. Así mesmo, reducirase a velocidade a 40km/h para calmar o tráfico e mellorarase a sinalización. As empresas poderán presentar ofertas para este contrato ata o vindeiro 8 de xuño e os traballos terán un prazo de execución de 12 meses.
A conselleira puxo en valor esta actuación para seguir avanzando en estradas máis seguras e sostibles, “co selo Galicia calidade”, un compromiso da Xunta para executar intervencións destinadas especificamente a reducir o ruído ambiental procedente do tráfico, e con iso mellorar a calidade de vida da veciñanza, a través do Plan de Acción contra a Contaminación Acústica.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



