De entre todas as conmemoracións que os centros de ensino celebramos ao longo do curso, o DÍA DE EUROPA é hoxe de especial interese pola situación xeopolítica que vivimos. Este ano cumprimos o 40 aniversario da adhesión á Unión Europea, e esta unión segue cumprindo un papel estabilizador e integrador entre os estados que a compoñen. Durante 76 anos Europa converteuse nun espazo seguro fronte a desafíos globais, cambios económicos radicais e transicións sociais problemáticas nun contexto de desequilibrio mundial e de conflitos internacionais. Esta seguridade está sendo posta a proba con todas as circunstancias que o acontecer político sitúa na primeira liña das nosas vidas. Os golpes directos de determinadas nacións sobre a orde establecida supoñen un antes e un despois na política mundial, e marcan o compás da evolución das sociedades do mundo. O que debería ser progreso estase convertendo nunha blindaxe socioeconómica que desestabiliza o camiño de paz que asinamos décadas atrás.
Pese a todo, os valores que proclama a Unión Europea nos seus textos fundacionais deben seguir mantendo a súa luz e deben seguir guiando as nosas accións. A dignidade humana, a liberdade, a defensa da democracia e do Estado de Dereito, a igualdade e o respecto aos Dereitos Humanos… deben seguir sendo a consigna que se antepoña a intereses particulares de políticos e políticas de trasnoitado afán imperialista ao máis puro estilo clásico.
O labor que desenvolvemos nas escolas é fundamental para seguir educando e fortalecendo estes principios constitutivos das comunidades do futuro, e nesta liña vimos afrontando o noso día a día educativo. O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo proclama coas súas actividades como Escola Mentora das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo esa idea e esa actitude e, en consecuencia con estes ideais, desenvolvemos en distintas materias recursos, proxectos, programas e traballos que suliñan a importancia desta forma de entender o noso presente.
Implicarse nestas tarefas é un aliciente máis no día a día do centro que parte do alumnado e profesorado afronta como actividade complementaria e, nalgúns casos, extraescolar, que contribúe de forma positiva a acadar as competencias que conforman o noso horizonte de formación. Co gallo da celebración do DÍA de EUROPA queremos transmitir felicitacións e noraboa a todo o alumnado que durante o curso está dedicando parte do seu tempo de estudo a estas actividades polo esforzo demostrado nestes temas transversais, e ao seu profesorado por seguer traballando arreo na promoción e o respecto pola diversidade cultural, social e individual, e impulsando a participación activa, a empatía e a responsabilidade social do alumnado. Entre todos seremos capaces de conseguir un espazo común que transcenda fronteiras e problemas. Desde as aulas, e con toda a forza e o convencemento seguiremos celebrando Europa como camiño de Paz e Progreso.
J. Manuel Yáñez Dablanca
Coordinador de programas europeos
IES Ribadeo Dionisio Gamallo



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



