Ribadeo, 26 de maio, 2026. Mañá, 27 de maio, terá lugar a charla sobre relevo xeracional nos negocios, que organizan Acisa Ribadeo e o Polo de Emprendemento de Mondoñedo. A xornada estará centrada na transmisión de negocios e no relevo xeracional no comercio local. A actividade desenvolverase a partir das 20:15 horas na Casa da Cultura de Ribadeo e está dirixida tanto a empresarios e empresarias como a persoas emprendedoras interesadas en coñecer as oportunidades existentes neste ámbito.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, indicou que “baixo o título de Transmisión de negocios no comercio de Ribadeo, a iniciativa pretende converterse nun espazo de encontro, comunicación e intercambio de experiencias entre os nosos asociados e asociadas e persoas que estean valorando emprender ou dar continuidade a negocios xa existentes. O relevo xeracional é algo que nos preocupa, de aí a organización desta charla”.
E subliñou que “a charla está aberta a todo o mundo, tanto a quen se xubile en Ribadeo ou na contorna para que poidan coñecer cómo levar adiante ese proceso de xubilación que non implique o peche definitivo do seu negocio e tamén está destinada a aquelas persoas emprendedoras que estean pensando na posta en marcha dun negocio para poder facerse cargo dun que xa está en funcionamento. Parécenos moi importante e necesaria a asistencia a esta conferencia de mañá”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, explicou que “durante a sesión abordarase a problemática da perda de actividade comercial derivada da falta de relevo xeracional, unha realidade que afecta a numerosos negocios de proximidade en toda Galicia e tamén na vila ribadense. Neste contexto explicaranse as diferentes axudas públicas dispoñibles para favorecer a transmisión empresarial, facendo especial fincapé no Bono Remuda, impulsado pola Xunta de Galicia. A xornada contará coa participación de representantes da Rede de Polos de Emprendemento. En concreto, Belén López Cayón, técnica do Polo de Mondoñedo, realizará unha presentación dos servizos e accións de apoio ao emprendemento impulsados pola rede autonómica. Posteriormente, Francisco Lago García, tamén técnico do Polo de Mondoñedo, explicará os detalles do Bono para a Remuda Xeracional e analizará os principais retos aos que se enfrontan os negocios xestionados por persoas próximas á xubilación”.
Cruzado Iglesias conta que “Jesús Pérez Prada será o encargado de presentar a actividade e de expoñer os servizos e accións que Acisa Ribadeo desenvolve en apoio ao comercio e ás empresas do municipio”.
Pérez Prada dixo que “será unha sesión moi interesante na que se falará moito de axudas, de apoios e de asesoramento”.
Dende a directiva e a xerencia de Acisa Ribadeo fan un chamamento especial “a todos aqueles negocios que teñan previsto xubilarse nos próximos meses ou anos, así como a persoas emprendedoras que poidan estar interesadas en iniciar unha actividade comercial, xa que a xornada pode servir para establecer contactos, coñecer oportunidades e explorar posibles alternativas que permitan evitar o peche de empresas e a perda de actividade económica na nosa vila”.



























Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



