O programa inclúe sesións de ioga, pilates e corpo activo, ampliando ademais as horas dispoñibles respecto da edición anterior
Cervo, 26 de maio do 2026. O Concello de Cervo presentou este mediodía a segunda edición de “Actívate en Xuño”, unha iniciativa de portas abertas coa que se busca promover o exercicio físico e os hábitos de vida saudable entre a veciñanza.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, deu a coñecer a programación acompañada das monitoras Belinda Canoura e Nuria Torrado, destacando o excelente resultado acadado polas escolas deportivas municipais de adultos neste curso, que reuniron preto de 200 persoas inscritas nas diferentes disciplinas ofertadas.
“O éxito das escolas deportivas municipais demostra que cada vez hai máis veciños e veciñas comprometidos cun estilo de vida activo e saudable. Dende o Concello queremos seguir reforzando esa dinámica, ofrecendo alternativas accesibles, gratuítas e abertas a todo o mundo”, sinalou a rexedora.
A programación deste mes de xuño inclúe sesións de ioga, pilates e corpo activo, repartidas entre o Edificio Anexo do Concello, en Cervo, e a Casa do Mar, en San Cibrao. Esta edición chega cun calendario máis amplo e con máis horas dispoñibles para facilitar a participación.
Horarios das actividades
Luns
Ioga en San Cibrao · 11:30–12:30
Ioga en Cervo · 18:00–19:00
Pilates “Espalda Sa” en San Cibrao · 20:30–21:30
Martes
Corpo Activo Forza en Cervo · 10:30–11:30
Ioga en San Cibrao · 19:00–20:00
Mércores
Ioga en San Cibrao · 11:30–12:30
Ioga en Cervo · 18:00–19:00
Corpo Activo Forza en San Cibrao · 20:30–21:30
Xoves
Pilates “Espalda Sa” en Cervo · 10:30–11:30
Ioga en San Cibrao · 19:00–20:00
A alcaldesa subliñou que o Concello “segue apostando decididamente pola actividade física como ferramenta para mellorar a saúde, favorecer o benestar emocional e crear comunidade”. Animou tamén á cidadanía a probar estas disciplinas e descubrir todo o que ofrecen as escolas deportivas municipais.
As actividades son totalmente gratuítas e non requiren inscrición previa. As persoas interesadas só teñen que achegarse ao inicio de cada sesión no lugar correspondente.
O Concello anima á veciñanza de todas as idades a participar nesta proposta, que busca consolidar o deporte e os hábitos saudables como parte fundamental do día a día no municipio.


























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



