O Vicedo, 28 de maio de 2026. O PSdeG de O Vicedo defendeu no Pleno celebrado este mércores, 27 de maio, unha moción para a elaboración dun Plan de Mobilidade municipal e a reubicación de contedores, co obxectivo de mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a organización dos espazos públicos no concello.
A iniciativa socialista formulaba a necesidade de analizar a situación actual da mobilidade no municipio e propoñer actuacións concretas que permitan avanzar cara un modelo máis seguro, accesible e adaptado ás necesidades da veciñanza, especialmente das persoas maiores, das persoas con mobilidade reducida e das familias.
Ademais da moción, o Grupo Socialista presentou distintos rogos relacionados co mantemento das beirarrúas e reclamou máis limpeza e conservación en zonas como Folgueiro, o casco urbano e a Rúa do Porto. Tamén solicitou medidas para reducir a velocidade nesta última vía e reforzar a seguridade viaria.
O PSdeG pediu tamén a retirada dos ferros perigosos existentes na Praia de Fomento, a mellora do acceso ao apeadoiro de FEVE de Folgueiro coa instalación dun punto de luz, a actualización do inventario municipal para aclarar titularidades viarias e evitar erros, a creación de máis zonas de aparcamento público nas praias e que todos os membros da Corporación Municipal sexan convidados aos actos institucionais.
No apartado de preguntas, o Grupo Socialista interesouse pola situación do Parque do Porto e pola permanencia de elementos perigosos sen retirar, pola ausencia de actuacións de saneamento no Plan Deputación, polo incendio rexistrado no PAI, así como polas posibles novidades sobre a antiga fábrica do Cisne e o seu cambio de actividade.
Así mesmo, solicitou información sobre a colaboración económica do Concello co Trail Fuciño do Porco, sobre as facturas e ingresos das camisetas da Romaxe Viquinga 2025 e sobre a situación real das fendas existentes no porto de O Vicedo.
A portavoz socialista, Verónica Rodríguez, sinalou que “seguiremos levando ao Pleno propostas e preguntas sobre os problemas reais da veciñanza, porque gobernar tamén é escoitar, planificar e dar respostas”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



