Ameijide: “Esiximos total transparencia. Os lucenses teñen dereito a saber que fondos se lle están facilitando ou que está a solicitar un expresidente acusado por graves delitos de índole sexual mentres o goberno provincial mira para outro lado”
Lugo, 29 de maio de 2026. O Grupo Provincial Popular vén de solicitar acceso e copia completa do expediente relativo a unha petición xenérica presentada polo expresidente da institución, José Tomé Roca, que ten como asunto “achega orzamento” para “que dunha forma totalmente transparente todos os lucenses coñezamos se PSOE e BNG seguen a financiar ao expresidente da Deputación”.
O voceiro provincial do PP, Antonio Ameijide, explica que o único obxectivo que temos é “dar luz” a esta petición que vemos “altamente sospeitosa” debido á opacidade coa que se está a xestionar por parte do goberno de coalición do PSOE e o BNG.
Segundo consta no rexistro presencial de entrada da Deputación con data do 27 de abril de 2026, José Tomé Roca presentou unha “solicitude xenérica” cuxo asunto explícito é a “Achega de orzamento”, unha descrición que “resulta ambigua tendo en conta a situación xudicial e política do expresidente”.
“Queremos saber con exactitude que está a pedir o señor Tomé e que fondos ou compromisos económicos lle está a facilitar o goberno de PSOE e BNG”, xa que “ninguén pode esquecer que seguen a formar goberno grazas ao voto favorable desta persoa, investigada por presunto acoso sexual”.
“Non imos tolerar que se utilicen os cartos de todos os lucenses para soster, de xeito encuberto, a quen tivo que abandonar a presidencia pola porta de atrás e con graves acusacións por diante”, afirmou.
Cómpre recordar que José Tomé é o protagonista do maior escándalo institucional da Deputación, tras a querela presentada pola Fiscalía por presunto acoso sexual no exercicio da función pública, ao ser acusado de ofrecer postos de traballo en administracións públicas a cambio de favores sexuais.
Ameijide lamentou que, malia a gravidade extrema destas acusacións e a súa imputación xudicial, tanto o PSOE coma o BNG continúen mantendo unha actitude “cómplice e protectora”. “Resulta inadmisible que nacionalistas e socialistas sigan apoiando e financiando a Tomé; a Deputación de Lugo non pode ser o fondo de rescate nin a protección política de ninguén, e moito menos de alguén acusado de utilizar as institucións para, presuntamente, o acoso sexual”, lamentou.
“Agardamos máxima celeridade na posta a disposición do expediente, senón teñen nada que agochar, xa que, sobre todo neste asunto, a transparencia é fundamental”, sentenciou.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



