O certame celebrarase o 6 de setembro na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras e repartirá premios aos mellores tempos
Cervo, 3 de xuño do 2026. O Concello de Cervo presentou unha nova proposta de ocio creativo e dinamización cultural da man de HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo, unha das iniciativas emprendedoras instaladas no Centro de Emprendemento de Sargadelos.
Na presentación participaron a alcaldesa, Dolores Garcia Caramés, e o reponsable de HAI LARÁN, Rubén Prieto, que deron a coñecer os detalles do I Concurso de Puzzles “Sargadelos peza a peza”, unha actividade que se celebrará o domingo 6 de setembro de 2026, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Sala cultural Xosé Vizoso, no Conxunto Histórico de Sargadelos.
O concurso contará cunha única categoría por parellas, que poden estar conformadas por dous adultos, ou un menor e un adulto, cun custo de inscrición de 15 euros por equipo, e repartirá premios aos tres mellores tempos, ademais dun recoñecemento ao mellor tempo local. As prazas serán limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de agosto a través da web de HAI LARÁN.
A alcaldesa puxo en valor “a aposta por actividades diferentes e innovadoras que contribúen a dinamizar o Conxunto Histórico Artístico, mediante propostas atractivas para todos os públicos”, ao tempo que destacou “a capacidade de HAI LARÁN para ofrecer experiencias de ocio creativo e colaborativo vinculadas ao territorio”.
A rexedora tamén incidiu na versatilidade da Sala Cultural Xosé Vizoso, situada no edificio das Carboeiras, “un espazo municipal que continúa consolidándose como escenario idóneo para acoller iniciativas culturais, didácticas e participativas de moi diversa índole”.
Desde o Concello lembran que HAI LARÁN é un espazo innovador que combina diversión, enxeño e creatividade a través de experiencias de escape room nas que os participantes deben resolver enigmas, superar desafíos e traballar en equipo para cumprir distintas misións nun tempo limitado.
Ademais, este proxecto funciona como espazo creativo de ocio pensado para todas as idades, promovendo actividades lúdicas, obradoiros e dinámicas colaborativas orientadas a fomentar a imaxinación, a creatividade e a diversión compartida.
Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas afeccionadas aos puzzles e aos retos en equipo a participar nesta proposta novidosa que mestura diversión, enxeño e colaboración nun escenario singular como o Conxunto Histórico de Sargadelos.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



