Segundo o acordo de organización, as sesións ordinarias deben celebrarse o terceiro xoves dos meses impares, un calendario que a alcaldesa leva incumprindo todo o ano 2026
Lourenzá, 4 de xuño de 2026. Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Lourenzá veñen de rexistrar unha queixa formal ante a Valedora do Pobo pola “parálise institucional”” e o “reiterado incumprimento” da legalidade por parte da alcaldesa, que mantén ao Concello sen celebrar un pleno ordinario desde o pasado mes de novembro.
O voceiro popular, Roberto Díaz, recorda que, segundo o aprobado no pleno de organización ao inicio do mandato, a corporación local debe reunirse en sesión ordinaria o terceiro xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro. “No que vai de ano 2026, a alcaldesa obviou por completo este calendario, deixando de convocar as sesións correspondentes a xaneiro, marzo e maio”, destacou.
Os populares cualifican a actitude da rexedora como un “bloqueo democrático” que atenta directamente contra os dereitos dos concelleiros da oposición e, o que é máis grave, contra o dereito dos veciños de Lourenzá a estar informados e a que as súas demandas sexan debatidas no órgano máximo de representación municipal.
“Non nos gusta ter que recorrer á Valedora do Pobo, pero a alcaldesa non nos deixa outra alternativa ante o seu nulo respecto pola democracia”, explicou, ao que engadiu que “os plenos non son un capricho do Goberno, son unha obriga legal e o espazo onde se deben fiscalizar as contas, aprobar os proxectos e dar voz aos problemas dos veciños”.
Os concelleiros populares solicitan a intervención da Valedora do Pobo para que inste á alcaldesa a cumprir de inmediato cos acordos plenarios, poña fin a este secuestro institucional e convoque de xeito urxente o pleno ordinario que leva meses arrastrando.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



