A iniciativa, financiada polos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, estará conducida polo recoñecido artista Leandro Lamas e incidirá no carácter interxeracional e comunitario das políticas de igualdade do Goberno local
Barreiros, 12 de xuño de 2026. O Concello de Barreiros dará un novo paso no seu compromiso coa igualdade e contra as violencias machistas coa creación dun mural colaborativo que se realizará os días 16 e 17 de xuño. A iniciativa, financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, concíbese como un espazo de encontro, reflexión e expresión artística compartida aberto a toda a veciñanza.
A actividade estará coordinada polo pintor e ilustrador galego Leandro Lamas, cuxo estilo colorista, vitalista e de forte sensibilidade social guiará o proceso creativo. O artista traballará directamente coa comunidade, favorecendo que persoas de todas as idades poidan participar e plasmar no espazo público unha mensaxe clara de rexeitamento ao machismo e de defensa das relacións libres, igualitarias e respectuosas.
Unha política de igualdade transformadora e transversal
Desde o Goberno municipal subliñan que este mural non é unha acción illada, senón parte dunha estratexia continua e transversal que pon o foco na prevención e na visibilización dun problema estrutural como é a violencia machista.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destacou a importancia de levar a loita feminista ao espazo público e de implicar a toda a sociedade:
“En Barreiros entendemos que a loita contra as violencias machistas non se constrúe dende os despachos, senón tecendo redes no comunitario. Este mural é política en maiúsculas: ocupamos o espazo público para visibilizar o noso compromiso irrenunciable cun concello libre de machismo. Queremos que cada persoa que pase por aquí lembre que esta é unha tarefa colectiva e que o Goberno de Barreiros está e estará sempre na vangarda da defensa dos dereitos das mulleres.”
Acción interxeracional e implicación veciñal
Un dos piares fundamentais desta proposta é o seu carácter interxeracional, promovendo que mocidade e persoas maiores compartan espazo, pinceis e reflexións, favorecendo un diálogo necesario para romper estereotipos e construír unha cultura de respecto.
A concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, puxo en valor o traballo desenvolvido desde a súa área e a metodoloxía escollida:
“Traballar na igualdade esixe constancia e ferramentas que impliquen directamente á veciñanza. Contar cun creador como Leandro Lamas, que sabe captar perfectamente a alma comunitaria e a sensibilidade desta causa, é un privilexio. Con este mural unimos a diferentes xeracións de barreirenses nun obxectivo común: aprender xuntas, escoitarnos e deixar unha pegada artística permanente que diga ‘non’ a calquera tipo de violencia contra as mulleres. Seguimos demostrando con feitos que as políticas de igualdade son unha prioridade absoluta na nosa xestión.”
O Concello de Barreiros convida formalmente ao tecido asociativo, aos centros educativos e á veciñanza a título individual a participar nas xornadas do 16 e 17 de xuño para construír, entre todas e todos, un espazo de cor, dignidade e xustiza social.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



