Ribadeo, 16 de xuño, 2026. Este sábado 13 de xuño o Pavillón Municipal de Ribadeo congregou arredor de 100 nenos e nenas de toda Galicia e Asturias para disputar os play offs das Ligas Autonómicas Alevín Élite e Alevín Ouro de hóckey liña.
O equipo ribadense Trasnos, do Club de Hockey Isla Pancha, levou a medalla do terceiro posto da Liga Autonómica Alevín Ouro, tras uns partidos moi emocionantes: caeu en semifinais fronte a Ártabros HL White, da Coruña, e impúxose no encontro polo terceiro posto a Alquimia Inline, tamén da Coruña. Na Liga Autonómica Alevín Élite, o terceiro posto foi para Morcegos de Ourense.
Pola súa banda, o CHL Brigantium de Arteixo proclamouse campión da Liga Autonómica Alevín Élite ao vencer na final a Raposinos de Asturias. En Alevín Ouro, o título foi para Ártabros HL White, que gañou a Lóstregos de Lugo nun igualado partido que rematou 2-2, con prórroga e vitoria final nos penaltis.
Con estes resultados péchanse as competicións oficiais para o Club Isla Pancha, que esta tempada —por primeira vez na súa historia— contou con equipos competindo nas categorías autonómicas Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, ademais dun equipo na liga non profesional Hobby Hockey.
Durante o verán, Ribadeo continúa apostando polo hóckey como alternativa a outros deportes máis tradicionais. Igual que o ano pasado, no Pavillón Municipal celebraranse dous campus de hóckey liña: o de CHL Meigas de Lugo, a finais de xuño e comezos de xullo; e o Rudos Camp de Aranda de Duero, a finais de agosto. Ademais, a finais deste mes varios nenos e nenas do club desprazaranse para participar no Kamikaces Cup en Madrid e no Capibaras Cup en Xaca, Huesca. Todo isto evidencia o crecente interese por este deporte na Mariña e na súa contorna.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 

