Ribadeo, 19 de xuño de 2026. Ribadeo acolle este venres, 19 de xuño, o Foro de Turismo España Verde.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “Ribadeo vai acoller o Foro de Turismo España Verde, unha marca que se creou no 1989 por 4 comunidades autónomas. Estamos a falar que desde Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco todas xuntas crearon esa marca, esa estratexia de traballar polo turismo verde. Desde logo somos unhas comunidades autónomas que temos unha estratexia conxunta en moitas materias. Estamos falando de que cando nos unimos en materia de infraestruturas, en materia de inversións, en vías de comunicación, tamén na sanidade pública e nos servizos sociais, en materia de industria e de impacto laboral, creo que tamén é moi oportuno xuntarse, analizar e falar de temas como turismo, o turismo de calidade, o turismo verde e acoller a todas estas comunidades autónomas: País Vasco, Cantabria, Asturias e tamén á dirección de Turismo da Xunta de Galicia. Eu agradézolle á Xunta de Galicia, ao director xeral, a José Manuel Merelles, que escollera a Ribadeo para ser ese punto de encontro para seguir avanzando no turismo de calidade e no turismo verde”.
O rexedor contou que “unha cita que vai debater e poñer propostas encima da mesa. E tamén temos que unir, e eu creo que moi acertado, falar do turismo verde e a España verde, o norte e unir Galicia Calidade, como marca importantísima, como estratexia, non soamente en turismo, senón en todo, a estratexia da comunidade autónoma e que os Concellos debemos sumarnos, debemos colaborar e debemos propoñer. Ribadeo propón e esta mesa, onde vai estar o director xerente do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, tamén vai estar o presidente do Clúster de Galicia, Cesáreo Pardal, Ana Méndez, que é a directora xeral de Galicia Calidade e Vidal Martínez–Sierra, que é o presidente do GDR Terras de Miranda, que impulsa moitas iniciativas, que financia moitas propostas, e o turismo rural tamén é importante, está dentro dos horizontes da estratexia do GDR e financia e colabora non só agora senón hai moito tempo”.
E seguiu a relatar: “e rematará a xornada a Ribeira Sacra como experiencia que funcionou e funciona moi ben como a unión dos Concellos, a xerencia do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra está dando moi bos resultados e creo que é bo escoitar a aquelas persoas que o impulsaron hai moito tempo e están sacando grandes réditos. Alexandra Seara vainos falar e explicar ese éxito. E Tania Hermida, tamén como persoa cunha dilatada experiencia dentro da Mancomunidade da Mariña, falará de tamén de todo o que se está facendo dentro da Mancomunidade”.
Dani Vega engadiu: “un agradecemento profundo a todos os colaboradores, a todas as persoas que entenden que este foro é moi importante, é un foro onde por primeira vez se vai falar desde o punto de vista técnico, porque a primeira mesa é estritamente técnica, porque os discursos están ben, pero hai que sentarse, analizar, profundar desde a técnica e mellorar todas as estratexias”.
Para o alcalde ribadense “é un éxito que Ribadeo acolla este foro, estamos moi contentos. Evidentemente, grazas a todas as comunidades autónomas por asistir, acompañar e vir a falar dende Ribadeo e enviar unha mensaxe de que somos calidade e somos un turismo verde”.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



