O Concello instalará unha pantalla na praza da Mariña a partir das 20.30 horas para seguir o partido de España, nunha xornada que comezará nas rúas, nos locais da vila e coa actuación de Xacarandaina na praza do Concello
Burela, 16 de xullo. Burela prepárase para vivir este domingo unha xornada especial, coa cultura, a hostalaría, o ambiente nas rúas e a emoción da final do Mundial como protagonistas. O Concello convida a veciñanza e visitantes a gozar da tarde na vila e a compartir unha previa que terá como gran remate a retransmisión do partido de España nunha pantalla instalada na praza da Mariña.
A programación incluirá tamén a actuación de Xacarandaina na praza do Concello ás 19.00 horas, levando a música e o baile tradicional ao centro da vila e contribuíndo a crear ambiente antes da gran cita deportiva.
Desde o Concello anímase a vivir a xornada desde primeira hora da tarde, gozando das rúas, das terrazas, da hostalaría e de todo o que ofrece Burela, antes de reunirse para apoiar á selección española.
A partir das 20.30 horas, a praza da Mariña converterase no gran punto de encontro para seguir en pantalla grande a final do Mundial e compartir a emoción dun partido histórico.
O goberno local convida a toda a cidadanía a participar nunha xornada pensada para todas as idades e na que cultura, vida local e deporte se unirán para converter as rúas e prazas de Burela no mellor escenario para vivir a final.
Este domingo, o mellor plan xógase en Burela.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



