Cervo, 21 de xullo do 2026. O Concello de Cervo celebrou a entrega dos premios do Certame do Día do Libro, unha iniciativa que busca fomentar a lectura, a escritura e a creatividade entre persoas de todas as idades.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, foi a encargada de entregar os galardóns ás persoas premiadas, acompañada pola concelleira Mali Méndez.
Na categoría Infantil, os premios foron para Celia Blanco (1º), Mara Blanco (2º) e Nuno Villares (3º), que crearon os seus propios marcapáxinas.
Na categoría de Primaria, resultaron premiados Laia Rodríguez (1º), Paula Martínez (2º) e un empate no terceiro premio entre Jesús López e Samuel Riera.
Na categoría de Adultos, o primeiro premio foi para “Unha receita para a felicidade*, de Sonia Corral; o segundo para “O merodeador da néboa”, de Manuel Fernández, e o terceiro para “Ou lobo ou o can”, de Xolo.
O Concello tamén quixo recoñecer e agradecer a participación de todos os que presentaron os seus traballos, destacando a elevada calidade das pezas presentadas.
Durante o acto, a alcaldesa felicitou ás persoas gañadoras, e a implicación das familias e de todas as persoas participantes, e puxo en valor esta iniciativa cultural.
“A lectura abre portas ao coñecemento, á creatividade e á imaxinación. Este certame é unha oportunidade para descubrir novos talentos e para seguir fomentando o gusto polos libros e pola escritura entre a veciñanza de todas as idades”, destacou a rexedora.
Desde o Concello de Cervo reiteran o seu compromiso coa promoción da cultura e da lectura a través de iniciativas que contribúan a estimular a creación literaria e a participación cidadá.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



