Cervo, 24 de xullo, 2026. O Concello de Cervo volverá converter o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos no escenario do Trail Sargadelos 2026, que se celebrará o domingo 26 de xullo, dentro da programación das tradicionais Festas de Sargadelos.
A proba, organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa asociación Amigos da Troula, ofrecerá aos participantes un percorrido que combina deporte, patrimonio e natureza, atravesando algúns dos espazos máis representativos deste enclave histórico. O itinerario discorrerá por lugares tan emblemáticos como a antiga Fábrica de Louza, a presa do río Xunco, o Paseo dos Namorados ou a senda botánica, permitindo descubrir a riqueza paisaxística e cultural da contorna mentres se practica deporte.
O Trail forma parte do circuíto Duacode Run Foz Run, integrado por diferentes carreiras populares que se celebran ao longo do ano na comarca.
Horarios da xornada
9:30 h · Saída da andaina
9:35 h · Carreiras infantís nas distintas categorías
10:15 h · Saída do trail absoluto
Os dorsais poderán recollerse o mesmo día da competición, entre as 8:45 e as 10:00 horas.
As persoas interesadas poden formalizar xa a súa inscrición a través da plataforma www.sportmaniacs.com.
Desde o Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula convidan tanto a deportistas como a afeccionados a sumarse a esta cita, que cada ano reúne numerosos participantes nun espazo singular. Destacan que o Trail Sargadelos é unha oportunidade para descubrir o patrimonio do municipio dun xeito diferente, combinando actividade física, natureza e convivencia nunha das contornas máis emblemáticas da Mariña.
“Queremos que esta carreira siga medrando e que Sargadelos continúe sendo un lugar de encontro no que deporte, historia e tradición vaian da man”, sinalan.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



