Kenneth Illusionist será o encargado de pechar esta noite a programación coa proposta ‘Degustación de imposibles’
Cariño, 8 de agosto, 2026. A XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño encara hoxe, sábado 8 de agosto, a súa recta final cunha dobre proposta na Praza da Pulida que combina circo, humor, habilidade, maxia e ilusión. Tras a celebración esta mañá do espectáculo ‘Enredos’, da Compañía A Vela Circo, a programación da Mostra chegará esta noite ao seu punto final coa actuación de Kenneth Illusionist.
A primeira cita da xornada, celebrada ás 13:00 horas, levou á Praza da Pulida o espectáculo ‘Enredos’, da Compañía A Vela Circo, unha proposta para todos os públicos na que unha vella fábrica se converteu no escenario de aventuras e situacións inesperadas. A montaxe combinou circo, humor, habilidade e imaxinación nunha proposta pensada especialmente para desfrutar en familia.
A programación da última xornada continuará esta noite, ás 22:00 horas, coa actuación ‘Degustación de imposibles’, de Kenneth Illusionist. A maxia e a ilusión serán as protagonistas desta última proposta da XLVIII Mostra, tamén de balde e dirixida a todos os públicos, que poñerá o punto final a unha semana de programación escénica.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “a Mostra volve demostrar a súa capacidade para achegar a cultura á rúa e converter Cariño durante estes días nun punto de encontro para as artes escénicas”. Neste sentido, sinalou que “apostar por unha programación diversa, de calidade e accesible para todos os públicos é tamén unha forma de facer concello e de dinamizar a vida social e económica de Cariño”.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Andrés Balado, puxo en valor que “esta edición volve apostar por levar o teatro e as artes escénicas a diferentes espazos e por ofrecer propostas para públicos moi diversos”. O responsable municipal animou á veciñanza e ás persoas que se acheguen a Cariño a “desfrutar desta última actuación, con maxia, ilusión e unha proposta para todos os públicos que nos permitirá despedir a Mostra cunha gran festa cultural”.
A XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño afronta así a súa última cita desta edición coa proposta de Kenneth Illusionist, mantendo a súa aposta por unha programación diversa na que o teatro e as diferentes disciplinas escénicas volven ser protagonistas da actividade cultural do municipio.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



