Viveiro, 27 de agosto, 2026. O BNG de Viveiro propón a creación dunha ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica co obxectivo de regular os ruídos derivados de actividades hostaleiras e de ocio, terrazas, música e equipamentos sonoros, obras e maquinaria, tráfico rodado, carga e descarga, festas e eventos, así como outras actividades realizadas nos espazos públicos.
Segundo explica Iria Cotelo, portavoz nacionalista, estas situacións precisan «dunha normativa propia, clara e actualizada que permita previr os problemas de ruído, mellorar a convivencia e dar unha resposta eficaz ás demandas da veciñanza».
Cotelo destaca que «se trata de establecer regras claras e coñecidas por todas as partes, que permitan actuar ante situacións que afectan á saúde, ao descanso e á calidade de vida da veciñanza». Engade ademais que «unha ordenanza deste tipo non só serve para previr conflitos: tamén mellora a convivencia e ofrece seguridade e protección xurídica, tanto á veciñanza como ao propio Concello, establecendo con claridade que normas se deben cumprir e como se debe actuar cando se producen incumprimentos».
O BNG lembra que xa en 2019 o Pleno municipal aprobou unha iniciativa similar, na que se propoñía prestar especial atención ás zonas con maior concentración de actividades xeradoras de ruído. «As queixas e reclamacións que se están a producir especialmente durante este verán fan necesario recuperar e actualizar aquel compromiso municipal, dotando ao Concello dunha regulación propia, clara, moderna e eficaz», conclúe Cotelo.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



