A institución provincial colabora coa Asociación Cultural Plataforma Ultramar para o desenvolvemento desta programación cultural a través dunha achega económica de 10.000€
Lugo, 2 de setembro de 2026. A Deputación de Lugo impulsa o ciclo cultural Pantallas Sonoras organizado pola Asociación Cultural Plataforma Ultramar, que dá inicio hoxe en Burela á programación vinculada ao Festival Osa do Mar. A institución provincial achega 10.000 euros á entidade para o desenvolvemento desta proposta cultural, que se celebrará ata o 5 de setembro e que combina cinema, música, creación audiovisual galega e participación cidadá.
Pantallas Sonoras celebrará a súa segunda edición con documentais, coloquios, música en directo e a final do seu primeiro concurso de videoclips, que recibiu preto dun centenar de traballos. A iniciativa, desenvolvida en colaboración co Festival Osa do Mar e co apoio do Concello de Burela, busca tender pontes entre o cinema, a música e o audiovisual.
A programación arrinca hoxe, 2 de setembro, ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Burela, coa proxección de Ao son da nova regueifa (2025), unha produción de Undodez que explora a transformación e recuperación da improvisación oral en Galicia. A sesión contará cun coloquio cos directores Saúl Rivas e Manolo Maseda, natural de Burela.
O xoves 3 de setembro, ás 19.30 horas, será a quenda de Casamance. Banda sonora dunha viaxe (2016), unha película que afonda nas raíces musicais de Senegal e na transmisión cultural entre territorios. A actividade contará coa participación do músico Depedro, cabeza de cartel do Osa do Mar 2026, coa mediación de Ángel Carmona e coa presenza da directora Paloma Zapata. A xornada completarase no Barco Museo de Burela cun concerto de Gara Durán e unha sesión do DJ Anxo Ferreira.
Case 100 videoclips presentados ao concurso
Un dos principais atractivos desta segunda edición é o I Concurso de Videoclips Pantallas Sonoras, que recibiu preto de cen obras nesta primeira convocatoria, demostrando a vitalidade da creación audiovisual galega vinculada á música.
A final celebrarase o sábado 5 de setembro, ás 12.00 horas, no escenario do Osa do Mar, coa proxección dos once traballos finalistas e a participación do público na elección do Premio da Audiencia.
Outros 30.000 euros para o Festival Osa do Mar
A Deputación de Lugo achega outros 30.000 euros á entidade Fanto Fantini para a organización do Festival Osa do Mar 2026, que arranca mañá en Burela e reunirá ata o 6 de setembro a máis de 18 artistas e formacións. O cartel combina artistas consolidados e novas promesas da escena estatal e galega, con nomes como Depedro, Anxo Ferreira, Éxtasis, Fillas de Casandra, Grande Osso, The Rapants, ou Ortiga, entre outros.
A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza desde hai nove anos o Osa do Mar, un festival sen ánimo de lucro que mantén a súa aposta por unha programación orixinal e diversa, con especial presenza de artistas e grupos emerxentes, moitos deles galegos. Ao longo das súas edicións, o festival consolidouse como unha referencia cultural na Mariña e como un espazo para descubrir novos talentos e favorecer o encontro entre artistas e público.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



