Alfonso Villares, lembrou que o programa desenvólvese ata o Nadal e contempla ofertas en menús, estadías ou actividades complementarias
Cervo, 23 de setembro de 2026. A Xunta de Galicia puxo en marcha a vixésima edición do Outono Gastronómico de Turismo Rural, que se desenvolverá ata o 20 de decembro en 71 establecementos galegos. O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou hoxe os detalles da iniciativa durante as visitas que realizou ás casas rurais Longarela -en Castroverde- e O Almacén -en Cervo-, dous dos 20 establecementos lucenses adheridos á iniciativa.
O Outono Gastronómico ofrece a prezos moi competitivos distintas propostas: Menú Outono gastronómico -sen aloxamento-, Paquete Outono gastronómico -para estadías dunha noite en venres ou sábado-, Fin de Semana Outono gastronómico -para as dúas noites- e Outono Plus, que engade actividades á programación da fin de semana, como rutas en buggy, sendeirismo ou catas de viño.
A modalidade Outono Plus está dispoñible en 28 establecementos, dos cales 9 se sitúan en Pontevedra, 5 en Lugo, 7 na Coruña e outros tantos en Ourense. A información completa pode consultarse na web de Turismo de Galicia.
Villares destacou que nos 20 anos de traxectoria o Outono Gastronómico supuxo unha rendibilidade económica para o sector do turismo rural en Galicia de máis de 7,3M€ e sumou unha participación total de arredor de 110.000 persoas, contribuíndo a desestacionalizar e descentralizar a oferta.
Neste sentido, subliñou o peso deste segmento no conxunto da actividade turística galega. O pasado ano, o turismo rural en Galicia rexistrou 195.000 viaxeiros e un total de 368.000 noites de estadía, xerando algo máis de 98 millóns de euros.
Ademais, Galicia destaca positivamente polo gasto dos visitantes desta modalidade. O gasto medio diario do turismo rural situouse en 92,3 euros por persoa e día, superando notablemente a media nacional, que é de 65,9 euros.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



