Naturgy cedeu material específico de intervención vertical, por valor de 700 euros, para mellorar a preparación dos efectivos tras realizar un simulacro no que unha persoa quedábase atrapada nun aeroxerador de Cova da Serpe
Lugo, 24 de setembro de 2026. A Deputación de Lugo reforza os medios e a preparación dos efectivos do parque de bombeiros de Vilalba ante intervencións en instalacións eólicas e outros escenarios que requiran traballos ou rescates en altura. O parque incorporou esta semana novo material especializado para intervencións en altura grazas á cesión realizada por Naturgy Enerxías Renovables.
A entrega do material está vinculada á realización dun simulacro no que unha persoa quedábase atrapada nun aeroxerador de Cova da Serpe. Os efectivos do Consorcio Provincial puideron poñer en práctica os procedementos necesarios para acceder á instalación, asegurar e rescatar ao afectado e utilizar os equipos específicos de protección e rescate en altura.
Entre o material cedido figuran sistemas anticaídas, arneses, cordas e outros elementos destinados a garantir a seguridade dos efectivos durante as intervencións en altura.
Este tipo de exercicios permite aos profesionais adestrar en escenarios complexos e pouco habituais, mellorar a coordinación e familiarizarse co equipamento necesario para actuar ante unha emerxencia nun aeroxerador, instalacións que pola súa altura e características requiren técnicas específicas de intervención.
Novas emisoras, outras formacións e reforzo do persoal
Esta actuación súmase ao reforzo integral dos medios, a formación e o cadro de persoal dos seis parques do consorcio provincial -Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada- e que está impulsando a Deputación, coa incorporación de 72 novas emisoras dixitais, formación especializada para todo o cadro de persoal e un proceso selectivo en marcha para cubrir 37 prazas de bombeiro-condutor.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



