O vindeiro domingo é o Día da Nai. Ou sexa, da muller; pois coida un que toda muller é nai, aínda aquela que, polas circunstancias que sexan, non chegou a enxendrar un fillo. I é así, porque elas albergan no más íntimo do seu ser a sensibilidade, a vocación e o espíritu maternal, con independenza do que a vida lle deparase; de igual forma que a que ten un fillo, e o perde, nunca deixa de sela.
Hai moitos anos chegou ao noso poder un escrito referido á muller. Foi copiado á man (aínda non coñecíamos as copiadoras) e quedou gardado nun caixón. Hai pouco, remexendo en vellos papeis, apareceo. E confeso que, ó relelo, tanto tempo despois, produciuuos unha certa emoción. O escrito, dí así:
Conta a lenda que ó principio do mundo, cando Deus decidiu crear á muller, percatouse de que esgotara tódolos materiais nobres formando o home, e non dispuña de mais. Ante o problema, e despois de fonda meditación, fixo o seguinte: tomou a redondez da lúa; as suaves curvas das ondas; a agarimosa adhesión da enredadeira; o trémolo movemento das follas; a esvelteza da palmeira; o tinte delicado das flores; a amorosa mirada do cervo; a alegría do sol e as bágoas das nubes; a inconstancia do vento e a fidelidade do can; a timidez da tórtola e a vaidade do pavo real; a suavidade da pluma do cisne e a dureza do diamante; a dozura da pomba e a crueldade do tigre; o ardor do lume e a frialdade da neve. Mesturou tan desiguais ingredientes, con eles formou á muller, e deulla ó home. Despois dunha semana veu o home e díxolle:–“Señor, a criatura que me deche faime desditado: quere toda a miña atención, nunca me deixa só, charla incesantemente, chora sen motivo, parece que se deverte ó facerme sufrir, e veño a devolvercha porque non podo vivir con ela”.
– Ben, contestou Deus, e quedouse coa muller.
Pasou outra semana, volveo o home e díxolle:
– “Señor, atópome moi só desde que che devolvín a criatura que fixeche para mín: ela cantaba e xogaba ó meu lado; mírábame con tenrura e a súa mirada era unha caricia; ríase e a súa risa era música; era fermosa á vista e suave ó tacto. Coidábame e protexíame cando o necesitaba; dábame dozura, tenrura, comprensión e amor sen condicións. Por favor, Deus, devólvema, porque non podo vivir sen ela!”.
– “Xa vexo, dixo Deus, cómo agora valoras as súas cualidades; eso alégrame. Claro que podes tela de novo, porque foi creada para ti. Pero endexamais esquezas cuidala, amala, respetala e protexela, porque de non facelo así, corres o risco de perdela para sempre”.
¡Felicidade para as nais; ou sexa, as mulleres!.
Día da Nai 1968
Garda un na memoria a que acaso foi a celebración mais brillante en Foz do Día da Nai. Era o ano 1968. Organizara a mesma a Asociación de Cabezas de Familia, existente na vila, da que era presidente Martín Jaureguizar . Co entón Cine Cageao abarrotado de público–entre o que se atopaban as rapazas e rapaces dos colexios, os maiores protagonistas- tivo lugar unha velada literaria, na que as flores e a poesía foron os elementos que deron vida ao acontecemento, ó que puxera broche douro o escritor don Ramón Fernández Mato, coa brillantez do seu verbo florido, tan ricaz en imaxes e metáforas. Ó remate del unha comisión da directiva foi á parroquia de Cordido para homenaxear á que, naqueles intres, era a nai mais vella do concello: Basilia Alvarez Saa, de 81 anos, viuva, nai de tres fillos. O acto, pola súa singularidade e brillantez, quedou por moito tempo na memoria colectiva. Hai mais de corenta anos…
Suso Fernández



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



