RIOTORTO .- (FNC) O concello de Riotorto forma parte do grupo de desenvolvemento rural -GDR3- que foi resolto a finais do pasado ano pola Consellería de Medio Rura. O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa lembra que “se trata das axudas LEADER da Unión Europea que recibirán as diferentes asociacións ou comarcas para o período 2008-2013. Nesta ocasión formamos parte da Asociación Montes e Vales que abrangue aos concellos das comarcas de Meira e Fonsagrada que son ademáis de Riotorto, A Pontenova, Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz”.
Gutiérrez Estoa sinala que “o proxecto presentado pola nosa asociación foi o terceiro mellor valorado da provincia de Lugo e de Galiza. En total serán 4.273.000 euros os que recibirá a comarca para levar adiante os proxectos de desenvolvemento económico que se presenten e que sexan aprobados pola asociación Montes e Vales durante este periodo. A nosa intención é aproveitar este novo plan LEADER moito mellor que o anterior no que estivemos na asociación Terras de Miranda”.
O rexedor de Riotorto anuncia que “ao longo dos vindeiros meses poñeréime en contacto con empresas e coas persoas que poidan estar interesadas en levar adiante proxectos que redunden no desenvolvemento económico de Riotorto. Para iso convocarei encontros cos diferentes colectivos do noso concello e manterei tamén entrevistas cos interesados para que coñezan máis de preto todo o que poden facer e as axudas ás que poden acceder. Neste sentido, a labor do concello vai ser a de animar e apoiar aos potenciais promotores para que presenten proxectos viables que incidan positivamente no noso desenvolvemento económico e benestar social”.
Federico Gutiérrez engade que “as iniciativas relacionadas cos sectores agrario, forestal e industrial así como da recuperación e posta en valor do noso patrimonio, que xeren emprego e melloren o noso entorno e calidade de vida son susceptibles de recibir as mellores axudas. Este programa vai ser un instrumento moi importante para desenvolver o potencial económico que ten o noso concello”.




















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



