RIBADEO ACOLLERÁ DESDE O XOVES 28 DE XULLO E ATA O VINDEIRO DOMINGO O II MERCADO MARIÑEIRO, QUE NESTA EDICIÓN TERÁ LUGAR NO APARCADOIRO MUNICIPAL.
Ribadeo, 26 de xullo de 2011. Ribadeo acollerá desde o xoves 28 de xullo e ata o vindeiro domingo o II Mercado Mariñeiro, que nesta edición terá lugar no aparcadoiro municipal.
O mercado ven cargado de actividades para todo o público, para as familias e para os nenos e nenas. Haberá espectáculos de maxia, malabares con lume, baile da danza do ventre pirata, contacontos e outro tipo de actos que se desenvolverán durante todo o día, como xogos didácticos, xogos de pesca, etc.
No II Mercado Mariñeiro haberá 40 postos de produtos de artesanía: coiro, aromas e aceites, queixos, doces, pratería, madeira, xoguetes, xabróns, títeres, etc… O horario de visita será de 11:30 a 15:00 horas polas mañás e de 18:00 a 23:00 horas polas tardes-noites.
HORARIO DE ACTIVIDADES
Mañá
12,00 BAILE DANZA DO VENTRE PIRATA
12,30 PINTA CARAS
13,00 TALLER XERMINACIÓN
13,30 BOB ESPONXA
14,00 ESPECTÁCULOS DE MAXIA
14,30 CONTACONTOS
15,00 PINTA CARAS
Tarde
18,00 TALLER PINTURA
18,30 CONTACONTOS
19,00 BOB ESPONXA
20,00 PINTA CARAS
20,30 TALLER XERMINACIÓN
21,00 ESPECTÁCULOS DE MAXIA
22,00 BAILE DANZA DO VENTRE PIRATA
22,30 MALABARES DE FUEGO
23,00 ESPECTÁCULOS DE MAXIA





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



