As comarcas da Mariña, Ribeira Sacra e A Montaña copan as rutas de Km0 desta semana, nas que participan 300 persoas
– Veciños de Lugo, Begonte, Taboada e Foz coñecerán entre hoxe e o mércores as riquezas culturais e medioambientais do Vicedo, As Nogais, O Courel, Ribadeo, Monforte e Sober
– O Presidente recibiu este luns a 55 alumnos das Aulas da Terceira Idade de Lugo e a 48 persoas anotadas de xeito individual, que fixeron as rutas Illa Coelleira e Torre de Doncos
As comarcas da Mariña, Ribeira Sacra e A Montaña copan os destinos das rutas do programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo organizadas para esta semana, das que gozarán 302 veciños de Lugo, Begonte, Taboada e Foz. Os participantes coñecerán nos itinerarios programados para entre hoxe e o mércores as riquezas culturais e medioambientais, así como as principais características socioeconómicas dos Concellos do Vicedo, As Nogais, O Courel, Ribadeo, Monforte e Sober.
O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ós dous primeiros grupos da semana: 55 alumnos da delegación lucense das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL) e 48 persoas anotadas de xeito individual, que gozaron das rutas Illa Coelleira e Torre de Doncos, respectivamente. Trala recepción en San Marcos, o primeiro grupo coñeceu o Centro de Interpretación Terras do Miño, no paseo lucense do Rato, para desprazarse logo ó Vicedo, onde comeu no restaurante Area Grande e visitou a Ponte de Ferro, Estaca de Bares, Miradoiro do Semáforo, dende o que se ve Illa Coelleira, a praia de Arealonga e o porto vicedense. En canto ó segundo colectivo, despois da recepción do Presidente, achegáronse ás instalacións da Fundación TIC, comeron no restaurante Urogallo das Nogais, e visitaron o pazo de Doncos, e a torre e a igrexa de Torés.
A programación continuará mañá martes con sendos itinerarios por O Courel e Ribadeo, dos que gozarán, respectivamente, 48 integrantes da Asociación Veciñal de Gaibor, en Begonte, e 55 usuarios da residencia da terceira idade de Taboada. Con respecto ó grupo de Begonte, coñecerán o Centro de Interpretación Terras do Miño, e, xa no Courel, os castros de Vilar e da Torre, e aldea de Seceda. A comida terá lugar na casa de turismo rural Ferreiro. Pola súa banda, os taboadeses achegaranse ás instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), comerán no restaurante ribadense O Cabazo, farán unha travesía pola ría da localidade mariñana, subirán no ascensor panorámico do peirao de Porcillán e pasearán polo casco histórico da vila.
O mércores concluirá o programa con dúas rutas pola Ribeira Sacra. Deste xeito, 48 integrantes da Asociación de Autónomas Empresarias de Lugo, tras coñecelo mazo de Santa Comba, viaxarán a Monforte de Lemos para comer no Bodegón Ribeira Sacra e visitar o Pazo de Tor e o Museo do Ferrocarril. Un grupo de 48 socios do colectivo cultural O Castro de Vilaronte, de Foz, achegarase pola súa banda ó Centro de Interpretación Terras do Miño, comerá no restaurante Parada 2 de Sober e gozará dun paseo en catamarán por Doade.
Como inscribirse
Todos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).
A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa, ademais de facelas reservas dun xeito rápido e sinxelo, dende a propia casa e a calquera hora do día, calquera día do ano, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.
Remitido






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



