FEVE REALIZA ESTES DÍAS TAREFAS DE DESBROCE DAS MÁRXENES DA VÍA FÉRREA NO SEU TRAMO URBANO. OS TRABALLOS MELLORARÁN A VISIBILIDADE E A SEGURIDADE NA ZONA.
Burela, 21 de agosto de 2012. A empresa de ferrocarrís Feve realiza estes días tarefas de desbroce das márxenes da vía férrea no seu tramo urbano, tal e como anunciou a principios deste mes o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.
O edil popular explicou que “ditos traballos, que mellorarán a visibilidade, a seguridade, a estética e a hixiene nese treito da vía férrea, comenzaron a finais da semana pasada e prolongaránse por espacio duns 20 días, máis ou menos”.
Fernández Valle lembrou que “aínda hai poucas semanas efectivos de Feve levaron adiante pequenas obras de acondicionamento das medidas de seguridade de dúas pontes moi usadas en Burela, a dos Castros e a de A Casilla. Tanto nun caso coma no outro as barandillas de seguridade estaban moi deterioradas e o que se colocou por parte de Feve foron vallas de seguridade dunha altura aproximada duns dous metros, o que favorece o tránsito dos peatóns tanto por unha ponte como pola outra”.
