FERNANDO SUÁREZ TILDA A RESOLUCIÓN DE BENESTAR PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL EN RIBADEO DE FRAUDE E DE FOGOS ARTIFICIAIS PROPIOS DESTAS DATAS, A POUCAS SEMANAS DAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS. O ALCALDE DE RIBADEO ASEGURA QUE A XUNTA ESTÁ A OBVIAR AS SÚAS COMPETENCIAS AO PRETENDER QUE OS CONCELLOS SUFRAGUEN UNHA PARTE MOI IMPORTANTE DA CONSTRUCCIÓN DESTA INFRAESTRUCTURA.
Ribadeo, 13 de setembro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, considera que a resolución da Consellería de Traballo e Benestar pola que se encomenda ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar as xestións para a construción de escolas infantís 0-3 en varios concellos galegos, entre os que se atopa Ribadeo, é un fraude porque a letra pequena di que os Concellos deben sufragar unha parte moi importante da construcción desta infraestructura. Para o rexedor trátase de fogos artificiais propios das datas nas que nos atopamos, a poucas semanas da celebración das eleccións autonómicas.
Suárez Barcia dixo que “sería unha boa noticia si a noticia fose limpa, porque a min paréceme moi ben todo isto, como alcalde de Ribadeo, pero nós ofertamos no seu día os terreos para a construcción deste centro e partiu de nós coa Xunta do goberno anterior facer unha nova escola pública infantil en Ribadeo, daquela chamada galescola. E agora chámame moito a atención que despois de estar asinado o convenio coa Xunta de Galicia e co Ministerio de Educación vai para dous anos, agora a vinte días das eleccións se despachan dicindo que van facer estas escolas infantís aquí e noutros puntos máis do país”.
Para o alcalde de Ribadeo “isto a priori estaría ben, pero sin un lee a letra pequena ve que o que acaban de publicar no DOG non é o mesmo que o asinado no seu día entre a Xunta e o Ministerio de Educación. Nese convenio poñían a partes iguais as cantidades Xunta e Estado e agora é a Xunta a que da súa parte non pon nada ou prácticamente nada e pretende que os Concellos poñamos a parte que tería que poñer a Xunta, non só no mantemento, que aí os Concellos sí que estamos obrigados a participar, senón na construcción. Iso é obviar as competencias e as atribucións que temos polo réxime constitucional Estado, Comunidades Autónomos e Concellos”.
O rexedor é consciente de que “a Xunta non ten cartos e os Concellos tampouco. Xunta e Estado saben que os Concellos acabamos de facer uns plans de saneamento financieiro e non nos podemos endebedar para asumir este tipo de circunstancias. Cando a un lle poñen o caramelo na boca, pero logo a letra pequena di que ten que sufragar a construcción dun equipamento e dun servizo que por competencia lle corresponde á Comunidade Autónoma creo que é un fraude e son fogos de artificio propios das datas preelectorais nas que estamos”. Fernando Suárez indicou que “en tres anos e medio non se preocuparon para nada desta situación, en tres anos e medio o único que fixeron coas garderías, a parte de cambiarlles o nome, foi impedir que as cociñeiras e o persoal poidan comer da propia comida que preparan, que aos nenos non lles dean auga embotellada… esas foron as cuestións fundamentais que fixeron en todo este tempo e agora a poucos días das eleccións saen con esta proposta que me temo que moitos Concellos non van poder asumir”.
O alcalde ribadense manifestou que “estudiaremos con máis calma este convenio que inicialmente asinan dúas partes, Xunta e Ministerio, e no que agora a Xunta de xeito unilateral involucra a unha terceira administración como son os Concellos, aos que non se nos deu comba en toda esta circunstancia. A situación financieira dos Concellos é ben coñecida pola Xunta e polo Estado e é contradictoria a mensaxe que a propia Xunta está a dar de reordenar as competencias”. Fernando Suárez considera que “o goberno galego pode botar man dos organismos que está reforzando últimamente que son as Deputacións para que se fagan cargo destas circunstancias, porque os Concellos difícilmente poderán iniciar infraestructuras que legalmente lle competen a outras administracións como é o caso da Xunta. Eu tamén podo crear unha autovía e dicir que a idea e o proxectos son municipais, pero que quen a ten que facer é a Xunta e o Estado, así calquera fai infraestructuras”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



