A REBAIXA DA LIÑA DE EDIFICABILIDADE DA ACTUAL VARIANTE DE BURELA, SEGUNDO O ALCALDE, “DESPEXA O FUTURO DO PXOM E DA MOITAS FACILIDADES PARA LEVAR ADIANTE A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA”. GONZÁLEZ BARCIA AGRADECE A RECEPTABILIDADE DA MINISTRA DE FOMENTO E DO SEU EQUIPO PARA ABORDAR ESTE ASUNTO.
Burela, 16 de outubro de 2012. O alcalde, José Mª González Barcia, valora de xeito moi positivo que Fomento rebaixe a liña de edificabilidade da actual variante de Burela. Barcia sinala que é unha noticia que despexa o futuro do PXOM e da moitas facilidades para levar adiante a ampliación do Hospital da Costa. O rexedor burelés viaxará en novembro a Madrid para manter un encontro co director general de Carreteras, Jorge Urrecho.
O alcalde dixo que “a ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou aquí en Burela que o seu departamento vai rebaixar a liña de edificabilidade da actual variante de Burela coincidindo coa aprobación do estudio informativo da autovía Barreiros-San Cibrao. Isto é sen dúbida unha boa noticia para o noso concello e ben a ratificar que o que nós platexabamos ao Ministerio de Fomento era algo que podía ser asumido”. E lembrou que “nós, na tramitación do plan xeral de ordenación municipal, plantexamos esa rebaixa da liña de edificabilidade, da liña de afectación da actual variante, que está en 100 metros, para deixala en 25 metros, fundamentalmente pola parte norte, é dicir mirando cara Burela pobo”.
Para José Mª González Barcia “si isto se confirma, e eu non teño porque dubidar da palabra da ministra, é una noticia que despexa o futuro do plan xeral de ordenación municipal de Burela nun sentido moi favorable”. O alcalde de Burela aludiu á entrevista que mantivo coa propia ministra en Madrid, así o dixo tamén Ana Pastor antonte en Burela, “na que entre outras cousas lle plantexaba precisamente esa diminución da afectación da variante, da liña de edificabilidade da variante para aproveitar máis o solo que ten Burela, por un lado, e por outro non sobrepoñer a afectación da variante cunha hipotética afectación da autovía Barreiros-San Cibrao, si se confirma o que o anterior goberno socialista xa plantexou”.
O rexedor burelés subliñou que “iso ten una consecuencia adicional, que ten que ver co anuncio feito onte pola conselleira de Sanidade aquí en Burela en relación co Hospital da Costa: ao diminuír a afectación da actual variante imos ter moitísimas facilidades para levar a cabo a ampliación do hospital”. González Barcia tivo palabras de agradecemento para a ministra Ana Pastor e para o seu equipo “pola súa receptividade para tratar este tema, porque sabemos que o caso de Burela é especial e precisamente con esa excepcionalidade é como o Ministerio de Fomento está tratando este tema”. Sobre o hospital José Mª González Barcia manifestou que “o goberno de Alberto Núñez Feijoo cumpriu coa súa palabra, porque anunciou que ía haber un plan funcional do hospital e dito plan está feito. E iso é o paso previo para realizar a ampliación do Hospital da Costa”.
O alcalde de Burela dixo que “é un paso importante para a tramitación do plan xeral de ordenación municipal e tamén de cara a concertar a superficie onde se vai levar a cabo a ampliación do hospital. Nos próximos días técnicos da Consellería de Sanidade desprazaranse a Burela para ver in situ o espazo que se pode considerar máis idóneo para facer no hospital o que hai que facer. Ademais eu xa anuncio tamén, aínda que á oposición isto non lle gusta nada, que me desprazarei a Madrid a principios do mes que vén para manter unha entrevista co director general de Carreteras do Ministerio de Fomento, Jorge Urrecho, para concretar xa os termos da resolución como dixo a ministra antonte, domingo, aquí en Burela sobre esa diminución da afectación da actual variante”.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



