Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2013 do Consorcio de Bombeiros con case 5 millóns de euros
– Máis do 98% do Presuposto é para a xestión do servizo contraincendios nos parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte e só o 1,7% para gastos de persoal
– O Pleno acorda que a Presidencia e a Vicepresidencia do Consorcio, cargos que Deputación e Xunta rotan cada 2 anos, as ocupen agora Santiago Villanueva e Gómez Besteiro, respectivamente
O Consorcio Pronvincial de Bombeiros celebrou este luns o Pleno no que se aprobou o seu Orzamento para 2013. Este ascende a case 5 millóns de euros, concretamente a 4.768.218 euros, asumidos ó 50% por Deputación de Lugo e Xunta. O 98,3% desta cantidade é para a xestión do servizo contraincendios nos parques de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos, quedando o 1,7% para custes de persoal.
Con este Presuposto, 120 bombeiros prestarán cobertura as 24 horas dos 365 días ó ano en 50 Concellos da provincia. Na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro atenderán 25 Concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove. Na zona sur, os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos prestanrán servizo noutros 25: Antas e Ulla, Baralla, Becerreá, Bóveda, Corgo, Carballedo, Chantada, Guntín, Láncara, Monforte, Monterroso, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, Sarria, Samos, Sarria, Sober, Taboada e Triacastela.
O Pleno tamén tratou a elección do Presidente e Vicepresidente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Os Estatutos deste organismo dictan que estes cargos se roten entre Deputación de Lugo e Xunta cada 2 anos. Dende 2010, o Presidente da institución luguesa, José Ramón Gómez Besteiro, ocupou a Presidencia deste organismo polo que agora asume a Vicepresidencia. O Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, ocupará no 2013 a Presidencia do Consorcio logo de que delegase nel o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
Gómez Besteiro destacou que “estou muy orgulloso do balance destes anos á fronte da Presidencia do Consorcio Provincial de Bombeiros, nos que puxemos en marcha 6 parques, logo da incorporación do de Monforte de Lemos, poñendo fin a discriminación que sufría Lugo, a única provincia galega que non contaba con este prestación, ó acadar a cobertura contraincendios no 90% da provincia. Ademais, deixamos aprobado un Orzamento para 2013 centrado, na súa maioría, no mantemendo deste servizo. Espero que continúe esta tendencia nos vindeiros anos”.
Asistentes
Ademais de Gómez Besteiro e Santiago Villanueva, participaron no Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros: Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Antonio Fernández López, Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación da Consellería de Presidencia; Antonio Veiga Outeiro, Vicepresidente Primeiro da Deputación; José Alfonso Fuente, Alcalde de Barreiros; Carlos Gueimunde Cabaleiro, Concelleiro de Seguridade Cidadá e Protección da Comunidade en Viveiro; José Antonio García López, Alcalde de Sarria; e José Antonio Mourelle Cillero, Secretario da Deputación de Lugo.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



