AUGAS DE GALICIA EMENDA DOUS VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS NO NÚCLEO DE FAZOURO, EN FOZ, COA COLABORACIÓN DO CONCELLO
Santiago, 30 de decembro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de emendar dous vertidos de augas residuais existentes no río Ouro, ao seu paso polo núcleo de Fazouro, no Concello de Foz.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) detectaron a presenza destas achegas na zona da Ponte Vella e tras varias inspeccións con responsables municipais, o Concello de Foz procedeu a executar unha pequena obra consistente na eliminación dunha fosa séptica que recibía as augas residuais dun pequeno núcleo de vivendas e que vertía ao río Ouro.
Asemade, esas augas foron reconducidas ata a estación depuradora de augas residuais de Fazouro para o seu tratamento, mediante a instalación dun sistema de bombas que as impulsa a través da rede de saneamento, quedando a fosa séptica anulada.
Durante estes traballos, os técnicos do Plan de Control de Vertidos confirmaron a conexión coa rede municipal dunhas augas domésticas dunha vivenda que vertía directamente no río sen ningún tipo de depuracións.
Finalmente, o persoal do Plan de Control de Vertidos levou a cabo unha última inspección de verificación na que se constatou a eliminación definitivo dos aportes.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



