FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE NO 2013 SE INICIE A RECUPERACIÓN ECONÓMICA E QUE SEXA UN ANO DECISIVO E DEFINITIVO PARA A CONSECUCIÓN DA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE PARA RIBADEO.
Ribadeo, 31 de decembro de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, deséxalle un moi bo ano 2013 aos veciños e veciñas do concello. O rexedor agarda que o novo ano sexa o do inicio da recuperación económica que traia traballo e oportunidades para todos os que o pasaron mal nos últimos meses. Suárez Barcia confía en darlle un impulso importante ao PXOM no 2013 e conseguir derrubar todos os obstáculos para que Ribadeo conte cunha residencia para a terceira idade.
Fernando Suárez deséxalles a todos os veciños e veciñas de Ribadeo “un moi bó 2013 e que este ano que vai entrar sexa o inicio dunha recuperación económica que traiga traballo e oportunidades sobre todo para as familias que o estiveron a pasar mal nestes últimos tempos, estaban sen traballo e con necesidades e sen avistar unha saída. Estou confiado en que todo se poderá amañar e que o vindeiro ano, que entra nunhas horas, será mellor para moita xente”.
O alcalde ribadense amósase convencido de que “no 2013 entre todos os membros da Corporación Municipal darémoslle un impulso definitivo e sen volta atrás ao PXOM de Ribadeo. Seguiremos a traballar desde o goberno municipal en todos aqueles aspectos que redunden na melloría da calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas”.
Suárez Barcia tamén está convencido “de que a unidade da Corporación Municipal fará o posible para derrubar todos os obstáculos que estamos a ter, todas as pedras no camiño que nos están a poñer, para que Ribadeo poida contar cunha residencia de maiores. Unha residencia de maiores que veña complementar a que xa temos, que funciona moi ben, pero que é moi pequena e non da cabida á tanta demanda que temos, basicamente de Ribadeo. Estou convencido que deste traballo man a man entre as asociacións de veciños e entre os grupos da Corporación este 2013 será un ano decisivo e definitivo para a consecución dunha residencia de maiores en Ribadeo”.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



