O restaurante Cambalache de Lugo comezará no mes de marzo un ciclo de clases prácticas de tango que impartirá o famoso dúo Tango Rojo integrado por Leonardo Mosqueda e Carina Lucca. O curso, que se impartirá por primeira vez en Lugo, dará comezo o 7 de marzo e está previsto que se celebre todos os xoves entre as 20:00 e as 21:00 horas, rematando cada clase con unha pequena degustación. Os mesmos profesores que se encargarán da docencia farán este venres, a las 21:00 horas, unha demostración da súa arte no mesmo restaurante. A inscrición xa está aberta e poderá realizarse no propio local, situado na praza Comandante Manso, 19 (fronte á Mosquera).
Cambalache ensinará a bailar tango en marzo
Cambalache ensinará a bailar tango en marzo
Relacionado
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada
-
Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva