Ribadeo, 4 de abril de 2013. Ribadeo acollerá os días 19 e 20 de abril a VI Xornada formativa de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local que nesta edición se centrará en Os poderes que sustentan a violencia machista.
Na presentación que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do Concello a edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, e a directora do CIM, Luisa González, explicaron que “nos tempos actuais de recortes e crise sistémica faise máis patente a necesidade de formarnos e de ter espazos de encontro e reflexión para partillar cómo atallar esta problemática. Este ano queremos centrarnos nos poderes estruturais que dificultan e impiden o avance das políticas dirixidas a eliminar a violencia machista. Os diferentes poderes (o económico, o xudicial, o político) a través do mercado laboral, das leis, dos medios de comunicación, da publicidade sustentan con formas máis sutís o actual sistema patriarcal. E ao tempo, emerxen novas formas de violencia cara ás mulleres, como a violencia sexual pola inxesta de sustancias químicas ou a violencia dixital”.
A concelleira nacionalista sinalou que “a violencia sexista segue a existir e cada vez son máis as complicacións que teñen as mulleres para poder denunciar. Hoxe en día se está a ver que existe un retroceso dun 10% con respecto a outros anos, cando segue a haber mulleres vítimas de violencia de xénero”.
Nas ponencias, que dará comezo, o 19 de abril ás 17 horas abordaranse cuestións coma as desigualdades no ámbito laboral; a reforma da xustiza penal a debate, o dereito ante a violencia machista contra as mulleres, avances e retrosesos; o control e poder das redes sociais e a novas formas de sexismo que se practican nas mesmas; o poder da sexualidade, unha manifestación da violencia de xénero oculta; e as novas formas de violencia contra as mulleres.
Ademais de charlas haberá a proxección do spot da campaña Igualámonos. E presentaranse: o trivial feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade e a páxina web: www.noseaspresadelatalla.com da Federación de Mujeres Jóvenes.
Álvarez Lastra indicou que “un ano máis o ente organizador destas xornada, a Comisión Interinstitucional de Violencia de Xénero, quere poñer ao alcance de todas as persoas novos elementos de debate e reflexión para divisar un futuro esperanzador para esa metade da humanidade, para as mulleres, mozas e nenas”.
A xornada de abordaxe integral da violencia de xénero está destinada a profesionais que traballan a violencia de xénero en calquera das súas dimensións, desde profesionais dos servizos sociais, técnicas/os de igualdade, avogadas/os, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, persoal sanitario, persoas que integran as asociacións de mulleres e asociacións en xeral, persoal técnico das administracións, responsables políticos, alumnado… e calquera persoa interesada no tema.
A inscrición estará aberta ata o vindeiro 19 de abril pola mañá. A matrícula, que é gratuíta, poderá formalizarse persoalmente enviando a folla de inscrición debidamente cumprimentada por correo ordinario, por fax ao 982 120 888 ou por correo electrónico a cim@ribadeo.org.
A VI Xornada formativa de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local desenvolverase no Cine Teatro de Ribadeo. A cita está organizada polo Concello de Ribadeo e o CIM e colaboran a Secretaría Xeral de Igualdade, o Fondo Social Europeo e a Deputación Provincial de Lugo.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



