Burela, 4 de abril de 2013. Curricán é o nome das conservas artesanais que se presentaron este mediodía en Lugo. A empresa está formada por tres mulleres emprendedoras que decidiron envasar peixe capturado polos barcos do porto de Burela. Curricán asentouse e abriu as súas portas en Xove o verán pasado e desde o mes de decembro está a comercializar os seus produtos en tendas gourmet de Galicia e Asturias e agarda chegar aos mercados de Cataluña e Madrid. De feito desde esta fin de semana estarán no salón do gourmet que se celebra na capital de España.
No acto de presentación que tivo lugar no restaurante Parrillada de Antonio o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, subliñou “o paso adiante que demostra a capacidade de emprender novas iniciativas empresariais na provincia e de xeito particular na costa de Lugo” e dixo que “aquí se parte dun produto que é capturado polos barcos de Burela e que se vende na lonxa burelesa. Por iso nos puxemos á súa disposición para todo o que sexa a súa promoción e divulgación, porque van levar o nome de Burela polo mundo adiante e é lóxico que teñan apoio institucional”. Pola súa banda o rexedor de Xove, Demetrio Salgueiro, indicou que “é digno de alabar a posta en marcha desta conserveira por parte destas tres mulleres” e auguroulles “éxito polo empuxe co que se puxeron a traballar e co que seguen adiante”. E a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, aplaudiu ás promotoras da empresa, Nieves Medina, Nuria Carreño e Placer Rodríguez, pola iniciativa que, segundo considerou, “reúne valores fundamentais, ao tratarse dunha actividade emprendedora, unha industria transformadora de produtos do mar, que ademais está impulsada por mulleres”.
Conservas Artesanas Curricán chegou ao mercado en decembro cunha produción de 10.000 botes de peixe de Burela. Nas súas instalacións envasan: cogote, ventresca e lomos de bonito en aceite de oliva, lomos en escabeche e tamén migas de bonito en aceite de oliva, polbo en aceite de oliva, polbo con fabas e xarda en aceite de oliva e en escabeche. Esta última comezará a comercializarse no prazo duns dous meses, porque atópase en proceso de maduración. Nuria Carreño subliñou que “se trata dunha produción totalmente artesanal, que inclúe receitas herdadas dalgunha aboa. O que fixemos foi recoller a tradición, respectándoa ao máximo. Así é como se lle saca sabor e partido a esta materia prima tan espectacular que temos no porto de Burela: o bonito, o polbo da pedra e a xarda”. E engadiu que “a nosa produción vai destinada a un mercado que saiba valorar e degustar estes produtos. Traballaremos respectando os ciclos do mar e mimando o proceso de elaboración destas materias primas”.
Ao acto celebrado en Lugo asistiron tamén, entre outros, o patrón maior da confraría de pescadores de Burela, o presidente de Armadores de Burela, e o presidente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo. Os asistentes degustaron despois os produtos capturados polos barcos bureleses, elaborados, cociñados e envasados por Conservas Artesanas Curricán.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



