O Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro leva a cabo do 12 ao 14 de abril a segunda edición do Concurso de Tapas. Cada local participante presenta unha tapa a concurso, que será elaborada con ingredientes de libre elección e o prezo de venta ó público será de tan só 1 euro.
O funcionamento do concurso será moi sinxelo xa que os propios clientes serán os que voten a súa tapa favorita e un xurado o que vote a tapa máis orixinal e a mellor presentación. En canto ó xurado, esta formado por dous expertos en gastronomía e por un representante do Concello de Viveiro, concretamente o concelleiro de Comercio, Carlos Gueimunde.
Para poder votar cada cliente ten a súa disposición en calquera dos locais participantes “tarxetas de votación”, onde están recollidos en diferentes casillas todos os locais que participan co nome da súa tapa, así como un mapa das rúas ubicando cada establecemento. Cada vez que un cliente deguste unha tapa, o local deberá selarlle a casilla correspondente na súa tarxeta. Cómpre sinalar que só se poderá votar cando se proben ó menos 6 das tapas. Os votos poderanse depositar nas urnas habilitadas para tal efecto en calquera dos locais participantes ata o domingo 14 ás 22.00 horas. A tarxeta ganadora opta ó premio de 150 euros en vales de compra para canxear en calquera dos 130 establecementos asociados ó Casco Histórico. No caso de que a tarxeta agraciada complete todas as casillas, é dicir, probe todas as tapas, o premio será de 300 euros en vales de compra. O cliente agraciado, así como o local ganador da mellor tapa, e de mellor presentación e o da tapa máis creativa, daranse a coñecer o luns 15 de abril, comunicándoselle a eles directamente e de forma pública a través da web www.viveirocentro.com, das redes sociais, así como a través dos medios de comunicación.
Participantes
Os locais que participan e as súas tapas son:
– Restaurante O Muro – Espárrago Rock
– Mesón a Baiuca – Boliñas do Cantábrico.
– Mesón Xoquín – Te conozco bacalao aunque vayas disfrazado.
– Kiev Café – Exquisitez del Kiev.
– Mesón A Placiña – Gastronomía Insólita.
– El Copas – Jake Mate
– La Fragata – Especial Fragata
– Bar Cantábrico – Conjunto de Tierra, Mar y Aire.
– Bar La Plata – Magdalenas de carne.
– Bar Normandy – Pulpo a la Italiana.
– Restaurante Casa Pepi – Solomillo al vino tinto.
– Mesón Imperial e Imperial Tapas – Dúo de Sabor Arandanado.
– Mesón O Recuncho – Mar de Colores.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



