Ribadeo conmemora o Día Internacional do Libro (23 de abril) con actividades para os máis pequenos baixo o título “Contos que encantan”. Así, o domingo 21 de abril a partir das cinco e media da tarde no auditorio Hernán Naval e cunha entrada de 2,50 euros poderase ver o espectáculo de Magín Blanco, Charo Pita e Xoán Curiel sobre o libro disco “A nena e o grilo nun barquiño” con cancións de Uxía, Fred Martins, Ugia Pedreira ou Guadi Galego. O luns 22, os colexios de Ribadeo acollerán unha proposta de teatro itinerante no Camiño de Santiago: Camiño, fanfarra e rodas “Cantos contos contas!”. Finalmente, o martes 23 de abril a compañía do Trinke Trinke achegará tamén aos alumnos e alumnas dos colexios ribadenses no auditorio municipal un espectáculo protagonizado por “ratos de biblioteca” que pretenden contaxiar aos nenos e nenas o gusto pola lectura.
Promoción da lectura entre os máis pequenos de Ribadeo
Promoción da lectura entre os máis pequenos de Ribadeo
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores