Burela, 15 de xuño de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, convocou unha reunión da xunta de portavoces para o vindeiro luns, 17 de xuño, ás 10 da mañá. Nese encontro analizarase a sentenza do Tribunal Supremo que lle da a razón á familia Gil Varela e que pode implicar que parte do patrimonio cultural poida saír do Museo Provincial. O seu emblema, o torques de Burela, é unha das pezas afectadas.
O rexedor explicou que “despois de ter coñecemento da sentencia do Tribunal Supremo que lle da razón á familia Gil Varela e que parte do patrimonio cultural pode saír do Museo Provincial a non sabemos onde, e tendo en conta que desde a Deputación de Lugo non se adoptou ningún tipo de medida e non se sabe o que están a facer, eu convoquei unha reunión da xunta de portavoces para o vindeiro luns, 17 de xuño, ás 10 da mañá e tamén á concelleira delegada de Cultura para abordar esta cuestión. A peza más emblemática da colección Gil Varela e de todo o Museo Provincial de Lugo é o torques de Burela”.
González Barcia subliñou que “o torques é un icono, é un emblema para Burela en sí, pero tamén é o emblema do Museo Provincial. O que non podemos permitir é que torques poida saír desas instalacións e non sabemos cara onde”. O alcalde burelés dixo que “é intención do Concello e do meu partido transmitirlle todo o apoio ao presidente da Deputación de Lugo e pedirlle que lidere e que asuma este asunto como propio. Estamos diante dun asunto extremadamente preocupante pola transcendencia que ten a nivel cultural, el ten que coller o toro polos cornos, porque aquí non estamos diante dunha parcela de poder do BNG ou diante dunha parcela de poder do PSOE, isto é patrimonio de todos os lucenses e polo tanto o presidente ten que liderar este asunto”.
O rexedor adiantou que “a proposta que lle vou facer á xunta de portavoces é esa: amosar o apoio absoluto a toda xestión que faga o presidente da Deputación de Lugo tendente a conseguir que o patrimonio cultural de todos os lucenses, neste caso no que se refire ao torques de Burela, se quede no Museo Provincial de Lugo, que é onde ten que estar para que todos os lucenses poidan contemplalo. E tamén lle pedimos que se poña a traballar canto antes e que teña informados aos grupos políticos na Deputación de Lugo. É probable que se poida plantexar algún tipo de acordo na xunta de portavoces que imos ter o luns, pero isto haberá que falalo alí”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



