Lugo, 14 de agosto de 2013. O deputado nacionalista e vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, lamenta que “o Partido Popular pretenda dar leccións sobre políticas de benestar cando desde a súa chegada ao Goberno do Estado e a Xunta de Galiza está a acometer a maior poda da historia do Estado de benestar.” Así de contundente se amosou o representante nacionalista, esta mañá, tras coñecer as declaracións de representantes do Partido Popular sobre o Servizo de Axuda no Fogar básico, e asegurou que “é sorprendente que o Partido Popular teña o atrevemento de falar de benestar, e máis concretamente do Servizo de Axuda no Fogar básico, cando foron os seus dirixentes os que suprimiron este servizo en todos os concellos con menos de 20.000 habitantes, o que para a nosa provincia supón 66 dos 67 concellos, todos agás o de Lugo.”
“Escoitar aos populares falar de benestar –precisou Veiga- é o mesmo que escoitar dicir que Franco defendía os dereitos democráticos ou escoitar a Bárcenas falar de boas prácticas contábeis. Aínda máis despois de que o Partido Popular, desde o Goberno central, suprimise a partida orzamentaria que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través do IMSERSO, dedicaba ao servizo de Teleasistencia Domiciliaria, servizo que na actualidade están a cofinanciar a Vicepresidencia da Deputación lucense e os concellos, ou despois de que establecese o copago sanitario e convertera as escolas infantís en centros vedados para aqueles que menos recursos teñen”.
Antonio Veiga acusa a Elena Candía, á que chama “a deputada do venres” aínda que asegura que hoxe é “a deputada do mércores por razóns da ponte”, de non saber do que fala e de non contar co apoio dos membros do seu partido, posto que a totalidade dos concellos do Partido Popular solicitaron e recibiron axudas da área de Benestar Social da institución provincial para poder manter o Servizo de Axuda no Fogar básico e non se recibiu ningunha crítica sobre a contía asignada nin os criterios empregados para o reparto.
Desde o Grupo Provincial do Bloque Nacionalistas Galego aseguran que “os populares non son quen para criticar as políticas da área de Benestar Social da Deputación porque alí onde gobernan están a acometer a maior poda do Estado de Benestar. O Estado español xa estaba por debaixo da medio de gasto en benestar e as políticas da dereita están acentuado esta fenda.”
Veiga insiste en que “coa rolda de prensa de hoxe, que toca a mércores e non a venres para desfrutar da ponte festiva, o que pretende Elena Candia é crear unha nova cortiña de fume para tapar as miserias da súa organización; pretende esconder as miserias do PP da G, do Partido Popular da Gürtel, e do PP da B, do Partido Popular de Bárcenas e do alcalde de Baralla.”
O Partido Popular recorre ás mentiras para tentar ser protagonista
En relación ás acusacións do Partido Popular sobre os supostos asesores do BNG na Deputación, Antonio Veiga, lamenta que Elena Candia teña que “recorrer unha vez máis ás mentiras para ter protagonismo, polo que desde o Grupo Provincial do BNG pedímoslle que rectifique de xeito inmediato porque, tal e como se recolle no informe do servizo de persoal da Deputación, en ningún momento os catro traballadores estiveron adscritos ao Goberno, como insiste o Partido Popular, senón que aparecen como persoal administrativo do Grupo Provincial do Bloque Nacionalistas Galego, como se recolle, tamén, na Relación de Postos de Traballo da institución en 2011 e 2012.”
Sobre este asunto, o deputado nacionalista sentenciou que “ningún dos traballadores aos que cita o Partido Popular recibiu ningún salario da Deputación xa que as súas retribucións fanse a cargo do Grupo Provincial do BNG.”






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



