Os vindeiros 12, 13 e 14 de setembro terán lugar en Burela as III Xornadas de Historia Local. O Colectivo Cultural Buril aposta por consolidar esta cita anual en torno á historia local que nacía en 2011 e que se ven celebrando desde entón de forma continuada. Estas xornadas constitúen unha oportunidade non só para coñecer aspectos destacados no decorrer da historia local, senón que tamén estimulan a realización de estudos e traballos de investigación sobre a nosa historia.
O estudo, difusión e posta en valor da historia de Burela han de servir para preservar a memoria da nosa vila e situármonos no contexto histórico, social e cultural da Galiza, pois non se pode entender a historia local como un todo uniforme e autónomo, illado do seu entorno máis próximo e da realidade que constituímos como Pobo. Neste sentido, existe unha clara vontade por rachar con localismos estériles que asenta na exaltación do propio fronte ao alleo, procurando resaltar aspectos que destacan precisamente por ser comúns a outras entidades ou ben aqueles que teñen valor como obxecto de estudo por si propios.
Por outra banda, as xornadas tamén desenvolven unha importante función social, pois conseguen achegar o mundo da historia a moitos veciños e veciñas, rompendo deste xeito coa erudición na que a maioría das veces se desenvolven este tipo de estudos, facilitando o coñecemento da historia xeral a través da historia máis próxima a nós.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



