Foz, 25 de outubro de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz organiza unha nova edición do Campañazo, que repartirá un total de 3.000 euros en vales de compra durante os cinco venres de novembro. Será os días 1, 8, 15, 22 e 29 a partir das once da noite en directo por Radio Foz (107.4 FM) e conta coa participación de 58 establecementos hostaleiros e comerciais.
Cada venres de novembro haberá en xogo 300 euros en vales de compra para o Campañazo e outros 300 para o resto de cartóns premiados.
Nesta iniciativa participan 24 establecementos de hostalería: A Eskina, A Maseira, A Rula, Bar A Bolera, Bar Acuario, Bar Oíche, Café Bar Llas, Café Náutico, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería May-Ros, Cafetería Xoyma, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Mesón O Tangarte, Namarinos, O Chícaro, O Tangarte Mariñeiro, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy e Restaurante O Mar.
Os 34 comercios participantes son: Alain Afflelou, Belianorte, Calzados Pirde, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Centro Dietético Alba Vila, Construcciones José Saa, Cortenovo Peluqueros, Darlintonia, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Eugenia López, Estanco César, Farmacia Saa Quintas, Farmacia Ulloa, Ferretería Fuente, Floristería Gardenia, Galerías Ginzo, Gestoría Fernández, Ginzo Hombre-Mujer, Joyería Iria Rodríguez, La Flor Abulense, Lencería Esther, Lola Tatino, Mapfre, María Docampo, Ofifoz, Óptica Eliseo, Pastelería Anduriña, Pastelería Amarena, Parafarmacia, Peluquería Ramone, Pescados Os Coyotes, Pi-R, Suministros Veipa e Viajes Rodríguez.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



