Cervo, 12 de novembro de 2013. O BNG de Cervo cualificou de “extremadamente dura” a proposta da dirección de Cerámicas de Sargadelos de prescindir de 41 persoas de 89 na planta de Cervo e 27 de 84 da de Sada, nunha decisión que opta por prescindir do fondo cultural e o capital humano como valores mais importantes do proxecto fundado por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo. Os nacionalistas ofrecen todo o seu apoio e solidariedade ao cadro de persoal de Sargadelos e pregúntanse si despois de tres anos de EREs encadeados cuxas facturas pagaron exclusivamente as traballadoras e traballadores de Cervo non haberá algunha factura da que sexan responsábeis os actuais e anteriores xestores do grupo.
O BNG criticou a decisión da dirección de Cerámicas de Sargadelos e O Castro de prescindir de 41 das 89 persoas que forman parte do cadro de persoal da planta de Cervo, ao considerala “desproporcionada e inxusta” coas traballadoras e traballadores da cerámica que “sufriron varios EREs encadeados dende 2010 facéndolles perder postos de traballo, prestacións económicas e cotizacións sociais”, nuns durísimos esforzos para salvar a empresa que semella, “non viñeron acompañados dunha xestión empresarial eficaz e coherente coas esixencias impostas ao cadro de persoal.”
Os nacionalistas cervenses ofreceron todo o seu apoio e solidariedade ao cadro de persoal de Sargadelos, como xa o fixeron con anterioridade, animando a que defendan os seus dereitos coa mesma contundencia coa que @s trata a patronal.
Dende o Bloque Nacionalista Galego poñen en cuestión aos actuais e anteriores xestores do grupo cerámico de quen descoñecen “cal é a súa estratexia empresarial, á vista das circunstancias están prescindindo do fondo cultural e do capital humano que foron ate agora o principal valor deste proxecto empresarial e cultural.
Por último pregúntanse si o millón de euros ofrecido pola Consellaría de Economía en 2010 – 400.000 a fondo perdido e 600.000 nun crédito do IGAPE – “chegaron no tempo e na forma en que se prometeron” e en todo caso constatan que “ou non foron ben aplicadas ou non serviron para os fins previstos” e sobre isto tanto a Xunta como a empresa deberían dar explicacións pormenorizadas.





















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



