RECUNCHO DE ECONOMÍA. Hoxe, 18 de decembro, Día Internacional do Migrante, releo os versos do poema de Rosalía de Castro ¡Pra a Habana!, que forma parte do seu libro Follas Novas.
Penso na situación socioeconómica de Galicia en 1883 e no gran cambio socioeconómico que se produciu neses 130 anos; a mellora do nivel medio de benestar foi moi grande desde entón, pero hai problemas vellos que rexorden cunha faciana nova.
Leo un estudo que veñen de publicar tres profesores da Universidade de A Coruña na Revista Galega de Economía; nel analizan os movementos migratorios entre as comunidades autónomas do Estado español do ano 2003 ao 2010, a partir dos datos das persoas inscritas nas oficinas do Servizo Público de Emprego.
Os datos reflicten un importante problema da Galicia actual: a perda de recursos humanos. Neses oito anos acadaron un traballo noutra comunidade autónoma 315.155 persoas que saíron de Galicia, mentres que só viñeron doutras comunidades a Galicia 186.469. os números vermellos deste saldo migratorio foron, xa que logo, de 128.686 persoas.
Case a metade (un 47%) das persoas que se foron traballar a outras comunidades eran menores de 30 anos e un 39% grupo de idade: 30 a 44 anos. O total de persoas con titulación universitaria que se foron no período 2003-2008 a traballar noutras nacións ou rexións do Estado español ascendeu a 39.581, repartidos case á metade entre mulleres (19.173) e homes (20.408). Dado que nesa xeira remataron os seus estudos universitarios en Galicia ao redor de 72.000 persoas, resulta que case a metade fóronse a traballar fóra da nosa nación.
Queda claro o desaproveitamento do capital humano de Galicia, que non é quen de ofrecerlle na súa Terra traballo aos seus habitantes e expulsa continuamente poboación.
Moitas persoas estarán xa informadas deste traballo de investigación. Cómpre subliñar, para salientar que o noso problema migratorio é moito maior que o que figura nel, que boa parte da mocidade galega mellor formada (universitari@s, estudantes de ciclo superior de formación profesional) fóronse e seguen a irse a outros Estados distintos do español.
Non é doado cuantifical@s, porque boa parte deles seguen empadroad@s en Galicia e non hai un rexistro estadístico preciso para saber cant@s son. Son … moitísim@s!
Velaí a terceira onda emigratoria da Galicia desde que Rosalía de Castro escribiu o poema no que figuran os dous versos que dan título a este artigo e tamén:
-“María, eu son mozo,
Pedir non me é dado,
Eu vou polo mundo
Para ver de ganalo”
Despois desa onda migratoria transoceánica, veu a segunda, transpirenaica, especialmente importante cuantitativamente de 1960 a 1974. Agora, andamos a sufrir os devastadores efectos da terceira onda migratoria, máis silenciosa que as anteriores; non temos fotos das despedidas nos portos : vanse un a un, co seu billete aéreo low cost, a traballar na hostalería londinense mentres melloran o seu idioma inglés … coa esperanza de que a tormenta económica vaia pasando.
E así segue o noso devalar como nación. Investimos na formación da nosa poboación … para que outros recollan os seus froitos. A xeración máis preparada da nosa historia vese expulsada do seu fogar (do grande, do de Breogán). Vese que os tempos non son chegados.
Roubámoslle o futuro aos nosos fillos mentres ollamos hoxe si e mañá tamén episodios de corrupción e prebendas dunha clase política que nin é quen de pagar impostos como o resto da cidadanía (que ocupamos os asentos de segunda ou terceira clase).
A todas as persoas que se van nesta onda migratoria silandeira, só me queda pedirlle perdón porque co noso quefacer non foramos quen de xerar en Galicia oportunidades laborais para vós, e sumarme a Rosalía dándovos azos, con versos do mesmo poema xa citado, que debedes tamén ler en feminino:
-Animo, compañeiros!
Toda a terra é dos homes
Manuel Roca Cendán




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



