Por cuarto ano consecutivo, o IES Perdouro de Burela colabora nun proxecto pioneiro europeo de formación coa BBZ – o centro de formación e inserción laboral da localidade alemá de Augsburgo – na acollida de rapaces e rapazas en centros de traballo da localidade.
Este xoves, día 6 de marzo, o director do IES Perdouro, Santiago Pérez recibiu un grupo de rapaces e rapazas alemáns do programa europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer!. Nesta ocasión son nove os participantes deste proxecto que realizarán as súas prácticas en empresas nos diferentes sectores da economía burelá ata primeiros do vindeiro mes de abril. Chegaron con moita ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Participarán da vida escolar sendo testemuñas do ritmo da formación profesional en Galicia presenciando clases cos seus homólogos galegos. Logo da acollida e visita no centro educativo, o venres ás 11h30, os futuros aprendices serán recibidos no Concello de Burela polo Alcalde Jose González Barcia, nunha pequena recepción de benvida no salón de plenos. Para rematar a xornada, a Vicedirectora, Karina Parga, acompañaraos a visitar algún dos puntos de interese de Burela e achegáranse ata a emblemática praia das Catedrais.
Karina Parga, Vicedirectora do IES Perdouro e encargada do Proxectos Europeos, explica que este proxecto piloto alemán, IdA EXPLORER!, respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e financiado polo Fondo Social Europeo, trata de incrementar as oportunidades de estudos da xuventude, e fomentar o intercambio transnacional en Europa, reivindicando a importancia de coñecer outras realidades para desenvolver competencias e habilidades que faciliten unha integración cualificada e duradeira no mercado de traballo. A Vicedirectora sinala que nestes catro anos que leva traballando coa BBZ un total de 73 alemáns realizaron as súas prácticas na localidade de Burela.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



