Burela, 26 de febreiro de 2015. O alcalde, Fernando Suárez, acudiu este mediodía ao encontro que mantiveron en Lugo representantes da Xunta, do goberno do Estado, da Deputación e do Concello para falar da praia das Catedrais. O rexedor considera necesario traballar en conxunto, pero di que non se poden adoptar medidas drásticas de súpeto para limitar o acceso ao areal en menos de 5.000 persoas por día en tempada alta. Suárez Barcia agarda que se teñan en conta as alegacións que presentará o Concello, e pide a construción dun paseo peonil pola beira da estrada da Deputación desde a rotonda actual ata a mesma praia.
Suárez Barcia explicou que “acudimos a este novo encontro que mantivemos aquí en Lugo convidados pola Xunta, e onde estivo tamén o vicepresidente da Deputación e de representantes do goberno do Estado para poñer enriba da mesa todas as problemáticas que todos temos arredor das Catedrais. Sen dúbida penso que todo o mundo quere facer o mellor posible para este areal, aínda que ás veces os medios para chegar a tal fin poden ser discrepantes. Isto é un pouco como as reunións que está a ter estes días o goberno grego coa Troika, igual puideramos ser nós neste caso os máis pequenos, pero estamos máis cheos de razón como así lles transmitimos á plana maior da Xunta coa que estivemos en Lugo”.
O alcalde ribadense indicou que “transmitímoslles as necesidades de traballar en conxunto, advertindo que non se poden adoptar decisións drásticas de súpeto. Todos estamos de acordo en que hai que regular, pero estas solucións un tanto ocorrentes non as vemos de todo correctas. Queremos que agora se teñan en conta as nosas alegacións, como non se tiveron na fase anterior, iso quixémolo deixar ben claro. Queremos que o noso comercio e a nosa hostalería non se vexan prexudicados por este sistema tan drástico de limitación, ao contrario. Estes últimos anos a hostalería e o sector servizos estanse a beneficiar e moito desta marabilla natural que temos”.
Fernando Suárez seguiu a relatar: “queremos que desde Ribadeo se sigan a xestionar os fluxos turísticos e a información turística para que os visitantes cheguen a Ribadeo e de aí poidan ir á praia das Catedrais e que non se espallen por aí adiante. E ofrecemos compromiso sincero, tal e como llo puxemos de manifesto na petición de que queremos que persoal da Xunta tamén estea na comisión de selección da empresa que vai realizar o plan especial de protección das Catedrais, que sacamos a concurso onte. Pedimos que axilicen os prazos de tramitación deste documento e a nosa petición de que se constrúa un paseo peonil pola beira da estrada da Deputación desde a rotonda actual ata a propia praia das Catedrais”.
O rexedor subliñou que “terán absoluta e leal colaboración porque o queremos é que As Catedrais non morra de éxito senón que siga sendo coñecida internacionalmente, que siga sendo unha fonte de riqueza desde o punto de vista turístico e económico para a comarca da Mariña, pero singularmente, e non lle pode parecer mal a ninguén, queremos que siga a ser en Ribadeo e que os hostaleiros, comerciantes e o sector servizos se vexan beneficiados por esta marabilla da natureza que temos a sorte de ter. Si traballamos entre todos estou convencido de que chegaremos a un bo acordo”.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



