Encántanme os castelos de area. Unha arquitectura imposible, formada por torres, cemiterios e túneles. Un labirinto efémero. O proceso creativo dos castelos de area duran o que dura a paciencia do teu fillo, neto ou sobriño: pero os tempos están cambiando e as alternativas son moito máis estimulantes e o Gran Castelo de area non poderá competir co taxi acuático, o ataque das quenllas ou a batalla de escuma, o súper heroe vestido con pixama ou calquera outra pamplina televisiva.
Poucos minutos despois, o castelo é reconquistado por outro equipo de traballo. Decidiron aproveitar o patio central para facer un cemiterio que é ao mesmo tempo unha inmensa piscina e abriron un túnel de auga que irrebersiblemente perforou a resistencia do muro frontal. Cada nova ondada lévase un remendo de muralla e as torres que antes presidían o castelo coa emoción contida hoxe son ridículos pináculos de area, como arqueoloxías asimétricas.
Fai pouco máis dun cuarto de hora que o equipo de traballo abandonou a gran piscina e xa foi novamente ocupada por unha nova cohorte de arquitectos. Agora son máis menores e levan un cubo cheo de clicks de Famobil. Un deles vai chafando coa pa os últimos vestixios do castelo, mentres o resto ocupa a piscina e enchea de pequenos barcos de plástico.
Como nun estraño ritual, cada novo grupo crea un novo castelo a partir dos restos do antigo. Estírao, alóngao, prénsao ou destrúeo coa voracidade dun ataque viquingo. Os castelos de area son un patrimonio universal da humanidade. Efémeros. Superpostos. Condenados por unha marea ameazante. Todo me suxire unha brillante metáfora, pero o pouco calor do verán deste ano levouma entre xelado e un graizado de limón. Queríalles dicir que a vida é como un castelo de area, pero agora non recordo o por qué. E mirándoo ben, tanto dá.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



