Ribadeo, 7 de abril de 2015. A décima edición do Ribadeo de tapeo celebrarase do 9 ao 17 de maio. Os establecementos hostaleiros que desexen participar poden presentar as súas propostas ata o vindeiro 13 de abril, segundo informa este martes a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo.
A cita gastronómica está organizada polo Concello e pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A concelleira Ana Martínez sinala que “o Ribadeo de tapeo cumpre unha década de vida colleitando éxito tras éxito tanto entre o público como entre os seus máximos protagonistas: os profesionais dos establecementos da hostalería ribadense”.
A edil de Desenvolvemento Local e Turismo subliña que “esta cita é o noso maior escaparate gastronómico, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa”. E engade: “como cada ano, esta edición vense celebrando no mes me maio e as datas serán os do 9 ao 17 de maio, ambos incluídos.
Todos aqueles establecementos de Ribadeo que desexen participar teñen ata o día 13 de abril para presentar as súas propostas , para elo deberán cumprimentar o boletín de inscrición dispoñible na paxina web do Concello www.ribadeo.gal e presentalo por rexistro. Para calquera cuestión ou dúbida pódense por en contacto con adl@ribadeo.org ou no teléfono: 982 128 650”.
Cada establecemento poderá presentar 1 tapa a concurso, que se venderá ao prezo de 1,30 euros. Haberá tres premios, que serán decididos por un xurado profesional, para as tres mellores tapas presentadas a concurso; dous premios que decidirá o público: a mellor tapa e a mellor barra; e o premio “Tapa de Ribadeo”, que será para a mellor realizada con produtos da zona.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo engaden que “nesta convocatoria, nesta décima edición, os establecementos participantes poderán darlle difusión á posible oferta de tapas vexetarianas e tapas aptas para celíacos”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



