NOTA DE PRENSA
O GPPP afirma que o PSOE é o exemplo do despilfarro e da insolidariedade.
Aseguran que as axudas para libros da Xunta do PP son “máis xustas e amplas”.
Lugo, 16-09-09. O GPPP afirmou hoxe que os socialistas non poden dar leccións de nada que teña que ver coa xusticia social porque son o máis vivo exemplo do despilfarro e da insolidariedade. Coas axudas para libros de texto postas en marcha pola Xunta, son precisamente as familias con menos ingresos as que teñen dereito ás axudas máis altas, contra o criterio socialista de darlle o mesmo á familia que ingresa mil euros mensuais ca que ingresa tres mil. Por eso, os socialistas deberían explicar que pretenden con eso, a non ser que haxa moitos socialistas que ganan tres mil euros ós mes.
Os populares aseguran que as axudas para libros da Xunta do PP son máis xustas e amplas cas aplicadas co bipartito, porque “a aportación máxima da Xunta cubre todos os libros, incluidos os cadernos de traballo, que estaban excluidos durante o bipartito e polo tanto tiñan que ser abonados polas familias; ademais, os cálculos que anuncian os socialistas están errados deliberadamente con mala fé para confundir ós cidadáns”.
Por outra banda, os populares lembran que as axudas para familias monoparentais e para alumnos de Educación Especial antes non existían como tales, e agora están perfectamente definidas, cousa que esquece deliberadamente o PSOE. O GPPP asegura que a política de gratuidade solidaria posta en marcha pola Xunta é a que xenera auténtica solidariedade nos tempos de crise que vivimos, crise da que é responsable Zapatero e o PSOE, que xenera paro e situación familiares impensables hai anos.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



