BURELA (FNC) .- A Delegación de Medio Ambiente de Burela celebra ata o vindeiro martes, día 22 de setembro, a Semana Europea da Mobilidade e para isto están organizados infinidade de actos. O domingo, día 20, será o día en que as rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán permanecerán pechadas ó tráfico dende as 9:00 horas da mañá ata as 21:00 horas da noite.
A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, explicou que “dende hai dous anos, o Concello de Burela vense sumando á celebración da Semana Europea da Mobilidade, que se desenvolve cada ano entre o 16 e o 22 de setembro co obxecto de fomentar a mobilidade sostible entre os cidadáns. Como non podía ser doutro xeito, a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, volta un ano máis a implicarse nesta iniciativa internacional co fin de contribuir a unha mellor educación na mobilidade sustentable. Tamén é interesante destacar que a participación na Semana Europea da Mobilidade obriga ao Concello de Burela a adoptar unha serie de medidas permanentes que melloren a mobilidade da nosa vila. Deste xeito, nos próximos meses, a Concellería de Obras e Servizos rebaixará beirarrúas, creará beirarrúas táctiles e creará zonas de carga e descarga, entre outras medidas”.
Lucía Bouza sinalou que “a Delegación de Medio Ambiente organiza diversas actividades para conmemorar estas datas. Así por exemplo mañá venres e ata o domingo, comezan as xornadas gastronómicas da orella e do lacón que se van celebrar en varios establecementos da nosa vila. Xa o sábado, a Asociación de Sendeirismo “Pasada das Cabras” organiza a “Ruta de Burela” que sairá da Praza do Concello ás 9:00 horas da mañá. Os participantes poderán disfrutar duns pinchos na área recreativa do Cantiño ó finalizar a actividade. Pola tarde interésanos destacar que vai ser unha tarde moi musical e así a partir das 16:30 horas Burela Blues Band vai dar un concerto na Praza do Concello. A partir das 19:00 horas, a banda de Música realizará un pasarrúas e hacia ás 20:00 horas, dará un concerto na Praza do Concello. Remata a programación do sábado, coa proxección da película La espalda del Mundo ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Quero dicir que pertence ó ciclo Butaca Verde que nos foi cedido polo CEIDA e que se proxectará durante toda a semana”.
Bouza destacou que “o domingo, é o día grande da Semana Europea da Mobilidade, e escollimos ese día para pechar ó tráfico algunhas rúas como nos obriga a participación neste programa. Así entre as 9:00 e as 21:00 horas permanecerán pechadas as rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán, nos tramos que van dende o parque ata a rúa Eijo Garay. Nestas rúas organizaranse unha serie de actividades durante todo o día. Entre as 11:00 e as 13:00 horas, as monitoras de Gaia farán un obradoiro de globoflexia para o público infantil. Entre as 16:30 horas e as 18:30 horas, as mesmas monitoras en colaboración cos monitores de deportes do Concello farán a ruta dos xogos nas rúas pechadas ó tráfico. A partir das 16:00 horas, o Colectivo Cultural Buril organiza o I Aberto do Bonito, cos xogos da billarda e dos bolos celtas e faranos no Parque de Rosalía de Castro. Ás 17:00, haberá rutas en bici nunha actividade organizada polo Clube Ciclista de Burela e partirán da Praza do Concello. E para finalizar, a partir das 19:00 horas, vai haber unha chocolatada na Praza do Concello, para as persoas que participen nas actividades pero tamén para calquera que se queira achegar. E xa ás 20:00 horas, proxectarase a segunda película do ciclo Butaca Verde, titulada Tierra”.
A delegada de Medio Ambiente seguiu relatando que “remataremos a Semana Europea da Mobilidade o luns e o martes. O luns cunha mesa informativa da mobilidade ubicada entre o Eroski e e Gadis entre as 10:00 horas e as 13:00 horas da mañá. E o martes cun obradoiro de patinaxe realizado polos monitores de deportes do Concello a partir das 17:00 horas, na Praza do Concello. Unha vez acabada a actividade tódolos participantes disfrutarán dunha merenda popular hacia ás 18:30 horas na Praza do Concello. Ás 20:00 horas remata a programación coa proxección da película La hora 11, do Ciclo Butaca Verde, no Auditorio da Casa da Cultura”.
Lucía Bouza engadiu que “quero agradecer ás organizacións que se implicaron na organización destas actividades tan importantes, como é a Asociación Pasada das Cabras, o Colectivo Cultural Buril, o Clube Ciclista de Burela, ao igual que a asociación musical Dambara que o domingo vai realizar pasarrúas mentras se fan as actividades”.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



